Burela, 21 de agosto de 2018. A Concellería de Cultura ultima os preparativos da Feira do Libro, que se celebrará na localidade os días 31 de agosto e 1 e 2 de setembro. Na primeira xornada participará o escritor pontevedrés Manel Loureiro, quen a partir das 20:00 horas falará da súa última obra e da súa traxectoria literaria. Tamén o 31 de agosto, pola mañá, celebrarase o 1º Concurso de Relatos al Vuelo. Os participantes deberán escribir unha historia de non máis de 300 palabras nun tempo máximo dunha hora e terá que incluír tres palabras escollidas ao azar. O relato gañador será lido o sábado, despois do pregón que pronunciará Matías Escalera. As persoas interesadas en participar nesta convocatoria poden inscribirse a partires de mañá, 22 de agosto, no seguinte correo electrónico: casadaxuventude@burela.org. Para que o concurso se celebre deberán darse cita un mínimo de 10 asistentes.
O concelleiro de Cultura, José Díaz, lembrou que “como ya presentamos en su día, la presencia de un escritor del prestigio y del nivel de ventas y número de seguidores como es Manel Loureiro, escritor de Pontevedra que estará con nosotros el viernes, el día que se inaugura la feria, a partir de las ocho de la tarde, hablando tanto de su último libro, Veinte, como de toda su trayectoria literaria. Lleva seis o siete años escribiendo, antes ejercía de abogado, que es su profesión, pero desde el éxito de sus libros Apocalipsis Zombie, enfocado y ambientado en España, su subida ha sido exponencial durante todo este tiempo y ahora es uno de los escritores españoles con más ventas”.
O edil considera que “para la Feria del Libro de Burela es verdaderamente un lujo y un orgullo tener a un escritor, además gallego, que esté con nosotros y que nos hable de cómo llegó a alcanzar este éxito que ahora tiene. Esperamos que muchos fans, que seguro que tiene por esta zona porque los tiene en toda España y gente que esté por la Mariña y de vacaciones aproveche para venir a verlo hablando en primera persona. Además Manel Loureiro no sólo tiene gran nivel como escritor sino también es muy buen comunicador, no en vano es colaborador de Cuarto Milenio y de otros programas de televisión y de radio, es un hombre que transmite muy bien, es un placer oírlo hablar y que nos cuente sus cosas. Ojalá haya muchas personas estando con él ese día”.
Díaz dixo que “para nosotros, en una feria pequeña como ésta, contar con un escritor de este nivel creo que es un paso adelante más y que demuestra la implicación que seguimos teniendo en Burela por este homenaje al libro, necesario una vez al año, y que fomente la lectura, que siga habiendo esa curiosidad por leer y que no se pierda algo tan fundamental para la imaginación, la educación y el desarrollo como personas de todo el mundo”.
O concelleiro de Cultura anunciou que “este año, como novedad, vamos a hacer el viernes, 31 de agosto, por la mañana de doce a una el primer Concurso de Relatos al Vuelo de la Feria del Libro. Consiste en que, durante una hora todos los que se hayan preinscrito mandando un mail, con su nombre, teléfono y confirmando que sean mayores de 16 años, a casadaxuventude@burela.org, tendrán que estar en la praza da Mariña, donde es la feria. Se trata de escribir un relato en una hora, es el plazo máximo, de trescientas palabras como máximo y temática libre, pero que incluya tres palabras que nos dirá la gente que esté por allí en ese momento”.
Para José Díaz “puede ser algo curioso y diferente y que fomente, lo que creo que debe ser el fin último y el objetivo principal de una feria del libro, la literatura y la creación tanto a nivel de lector como de creador. Todo el mundo se puede apuntar, no hace falta ser escritor para intentar hacer esto e intentar jugar. Daremos un pequeño premio en metálico de 50 euros además de un trofeo. Ese relato ganador, con un jurado compuesto por escritores que estén en la feria en ese momento aún por concretar, se leería el día del pregón,el 1 de septiembre. El pregonero será Matías Escalera y está previsto para las doce y media. Una vez terminado el pregón, sobre la una, leeríamos ese relato ganador y daríamos el premio a la persona que resulte seleccionada por el jurado. A partir del 22 de agosto se podría apuntar la gente”.



















Adultos, nenos, familias, grupos de amizades fixeron o percorrido nun día espectacular de sol e cunha temperatura de 26º á hora da saída. Acudiron á cita o presidente provincial da AECC, José Manuel Rozas, o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, as concelleiras e concelleiro ribadenses, Marta Saiz, Begoña Sanjurjo, Elena Sierra e Francisco José Silvent, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, así como representantes da AECC de Ribadeo coa súa presidenta, Tea Martínez, á cabeza. A II Andaina Ribadeo en marcha contra o cancro contou co patrocinio de Solán e Acisa Ribadeo e coa colaboración do Concello de Ribadeo, Eroski e 2M.
A xornada incluíu tamén o IV Torneo de Pádel, que continuará durante a fin de semana. O evento, organizado polo Concello xunto con ASAPA e Miño Vivo e coa colaboración da Xunta, recupera unha iniciativa nacida hai catro anos a petición da mocidade, coa intención de consolidala no tempo. O tenente de alcalde, Marcos García Lombardero, destacou a alta participación —catro veces maior ca na primeira edición— e agradeceu a implicación de entidades, colaboradores e asistentes, así como a presenza de representantes da Xunta, do Parlamento e da Deputación.
Pasada a medianoite, un vehículo saíuse da vía na N-634. Como consecuencia do impacto, tres persoas resultaron feridas. Da asistencia sanitaria ocupáronse os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil de Tráfico da seguridade na vía. Os Bombeiros de Barreiros tamén acudiron, sen embargo, ningún dos feridos estaba atrapado.
Baixo o título “A guerra en Oriente Medio. Do xenocidio en Palestina á agresión a Irán”, o analista internacional Duarte Correa ofrecerá unha intervención centrada na evolución do conflito, o impacto humanitario e as implicacións xeopolíticas da escalada bélica na rexión.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reunirá 137palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García achegouse esta tarde a Ribadeo para presentar a proba, que comezará ás 15.30 coa saída dos prebenxamíns e benxamíns. A continuación e de forma escalonada, desenvolveranse as probas das categorías infantil, alevín e cadete e xuvenil.
A partir das 19:45 horas abrirán a xornada o Cuarteto Illa Pancha e Tradigalu, mentres que desde as 20:00 horas se poderán degustar hamburguesas á parrilla, bocadillos de panceta e chourizos asados. Xa pola noite, ás 21:30, tomarán o relevo Mi Rollo es el Rock, antes da tradicional fogueira de San Xoán, prevista para as 00:00 horas. A celebración, organizada por A Rebolaxe coa colaboración do Concello de Cervo e a Deputación de Lugo, inclúe tamén o sorteo dunha paleta de cocho e contará con aparcamento habilitado no Estanco da Praia do Torno.
A Garda Civil de Burela tomou declaración este 10 de xuño a unha representante do departamento en liña de Porcelana de Sargadelos, que denunciou unha estafa na que se emprega a imaxe da empresa para enganar clientes. Segundo explicou, desde finais de abril están a aparecer páxinas web falsas con descontos do 80% e perfís fraudulentos en redes sociais como Instagram, TikTok e Facebook, a través dos que varios usuarios xa foron estafados. A compañía presentou denuncias contra distintos dominios e contas, das que só unha continúa activa, e achegou tamén os rexistros da marca e as comunicacións realizadas ante Meta. A denuncia foi formalizada no cuartel da Garda Civil de Burela, onde quedou incorporada ás dilixencias abertas polo corpo.



