Burela 10-8-18. Unha das grandes novidades, Luis López García (O Corgo, 1989), máis coñecido como Lucho, recala en Burela avalado pola súa traxectoria na elite do futsal, tras o seu percorrido por Santiago Futsal, Aspil Ribera Navarra ou Levante UDFS. “Atraeume sobre todo a ilusión que hai por devolver o Burela a Primeira División e porque é un club que sempre fai equipos moi competitivos. Para min é apaixonante sumarme a este proxecto” explicaba o peche, na súa presentación oficial, acompañado polo presidente, Manuel Blanco, e o directivo, Auditor Rodríguez.
O Pescados Rubén Burela FS reúne todos os alicientes para o novo 4 laranxa: “Unha das miñas tentacións era volver xogar ao fútbol sala na miña terra, ademais nunca xoguei nun equipo lucense e Pescados Rubén presentouse como oportunidade para volver a Galicia e á miña provincia. Teño moita ilusión por isto e sei que veño a club que está moi implicado no seu traballo e que para toda a vila de Burela é moi importante”.
As primeiras sensacións son inmellorables: “Temos un equipo moi ambicioso. Espero que vaiamos progresando pouco a pouco estas semanas e que se dean os resultados todo o ano para poder estar aí arriba e ao final intentar ascender, claro”, adiantaba Lucho incidindo na necesaria dureza destas primeiras semanas: “Está sendo bastante duro, moitas sesións de carreira, de ir ao monte, traballo de pista… pero estámolo levando bastante ben, con boa actitude”.
Primeiro test, ao outro lado do Eo
Os pupilos de Juanma Marrube estrearanse no primeiro test de pretempada o vindeiro xoves, 16 de agosto, ao outro lado do Eo. O Parrulo FS, de Primeira División, e o Boal FS, de Segunda B, serán os rivais a bater no concello asturiano da Veiga, a partir das 19.00 horas. “É importante comezar a competir e ir coñecéndonos pouco a pouco. Hai sete xogadores que estiveron o ano pasado e case outros tantos que nos estreamos. É importante xogar encontros para ir adaptándonos ao traballo de Juanma e ás posibilidades que poidamos ter de aquí ao final de tempada” explicaba o novo 4 burelista.





















Na presentación participaron o delegado territorial Javier Arias e o deputado de Rural Daniel García, que puxeron en valor a tradición e o traballo das filloeiras. A organización prevé poñer á venda 18.000 filloas, incluíndo opcións sen glute, e o recinto feiral acollerá artesanía, música, obradoiros e a entrega dos premios do concurso escolar. O xornalista David Valverde Cabaleiro será o pregoeiro. A Vicepresidencia da Deputación colabora coa actuación de Nubeiro e cunha degustación de xamón de porco celta a través do programa Un Gusto de Rural. Arredor de 150 persoas participarán na organización ao longo da xornada.
A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
