Cervo, 25 de agosto de 2018. O BNG de Cervo condena os feitos acontecidos na última semana na fábrica de cerámica de Sargadelos, a cal está sendo aniquilada e despezada de maneira sistemática mediante as accións do seu máximo accionista e administrador único, Segismundo García. Cómpre lembrar que se trata da máis grande iniciativa empresarial nacida no Concello de Cervo, exemplo de creación de riqueza colectiva e de utilización da iniciativa privada para xerar beneficios á comunidade e ao país, en lugar da habitual acumulación de riqueza en poucas mans.
O responsábel local do BNG cervense, Diego Fernández, denunciou que “en Cervo pasamos de contar cunha empresa recoñecida a nivel mundial pola súa filosofía e aposta polos valores culturais que produciu un valor engadido elevadísimo e insólito no capitalismo moderno para tratarse simplemente dunha fábrica de cerámica, a padecer un empresario que semella non saber dirixir unha empresa sen precarizar as condicións laborais”. Para Fernández, a actitude e comportamento de Segismundo García é a “dun señor que pensa que a xestión dunha compañía cuxos maiores activos son a creación artística, a preservación duns valores culturais propios e a calidade das condicións de traballo pode facerse da mesma maneira ca nun negocio de hostalería ao pé dunha estrada”. Segundo o responsábel local, estamos ante o caso dun empresario “que perde sentenza tras sentenza e acumula multa tras multa por incumprir de maneira esaxerada a lexislación laboral. Pero, segundo el, a culpa é dos sindicatos, dos xuíces, da Inspección de Traballo ou dos políticos que elaboran leis que favorecen aos traballadores”.
Desde o grupo do BNG de Cervo pídeselle aos gobernos municipal e galego que non miren para outro lado: “Non vale a escusa de que se trata dunha empresa privada. Non se pode permitir que un empresario presuma de incumprir a lei de maneira reiterada (por exemplo, as ordenanzas municipais) sen que haxa unha resposta por parte de quen ten a obriga de que se respecten as normas”, recalcou Fernández.
A situación vivida en Sargadelos nas últimas semanas, propiciada polo seu administrador único Segismundo García, “está arrastrando pola lama o nome e o prestixio de Sargadelos e, como consecuencia, o valor engadido que produce riqueza para todo o pobo de Cervo”. Nun exercicio de memoria histórica, desde o BNG lembran os paralelismos que poderían trazarse cun episodio acontecido a finais do século XIX, cando en 1878 chegou ás antigas Reais Fábricas de louza de Sargadelos o señor Javier López y García Bandujo “para facerse cargo das fábricas co fin de cobrar unha débeda que rematou un tempo despois coa demolición das instalacións”, explicou Diego Fernández. Para evitar que a historia se repita, desde a formación nacionalista cervense esixen que o Concello de Cervo tome medidas para que cese “a campaña de desprestixio autoinflixido polo propietario, as ameazas falsas e imposibles (non pode despedir 49 persoas, a metade do cadro de persoal) e a continua actitude antisindical que se prolonga desde que comezou a súa xestión”.
O chamamento esténdese tamén ao pobo de Cervo, para loitaren por conservar a filosofía dunha empresa que trouxo riqueza, benestar e cultura, e así evitar que se convirta nunha fábrica de facer cartos unicamente para o beneficio empresarial. En palabras do responsábel local Diego Fernández, “debemos evitar que Sargadelos se convirta nunha vítima da especulación”.
Polo tanto, o BNG de Cervo reclama das autoridades laborais que interveñan de inmediato para investigar os incumprimentos dos que o seu propietario presume. Así mesmo, insta ao resto de grupos políticos e ao pobo de Cervo a que, conxuntamente, evitemos que o máximo accionista e administrador único da empresa, Segismundo García, troque a riqueza da Cerámica de Sargadelos en pobreza e sufrimento.




















Na presentación participaron o delegado territorial Javier Arias e o deputado de Rural Daniel García, que puxeron en valor a tradición e o traballo das filloeiras. A organización prevé poñer á venda 18.000 filloas, incluíndo opcións sen glute, e o recinto feiral acollerá artesanía, música, obradoiros e a entrega dos premios do concurso escolar. O xornalista David Valverde Cabaleiro será o pregoeiro. A Vicepresidencia da Deputación colabora coa actuación de Nubeiro e cunha degustación de xamón de porco celta a través do programa Un Gusto de Rural. Arredor de 150 persoas participarán na organización ao longo da xornada.
A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.



