Burela 30-8-18. O ala Sergi Orgillés Saiz, Pope, volverá defender esta tempada o 14 laranxa: “Estou cómodo en Burela e moi contento de poder seguir un ano máis. A tempada pasada fíxome mellor xogador e mellor persoa” confesaba o catalán, na compaña do presidente do Pescados Rubén Burela FS, Manuel Blanco, e o directivo Luis A. Guillén, compartindo a ilusión e confianza do novo proxecto que dirixirá Juanma Marrube: “Os xogadores novos adaptáronse moi ben, creo que lles estamos axudando bastante para que toda esta aclimatación sexa doada, nun equipo con moitas ganas e ambición por facer unha tempada bonita”.
“Sempre hai que ir a máis, como di Juanma, así que este ano pelexaremos por ser mellores. A liga é moi longa, empezando ben ou mal. Esperamos empezar con bo pé para que ese punto de motivación axúdenos nos seguintes pasos a dar” así manifestaba a súa declaración de intencións o 14 burelista,disposto a superar calquera tipo de obstáculo na evolución do cadro mariñán, sen quedar na beira.
Santiago, primeiro termómetro para a liga
O Torneo Burela Bonita desta semana brindaralles a ocasión aos burelistas de medirse a un rival co que se verán as caras en liga e co que os partidos, de derbi, son espectáculo garantido, o Santiago Futsal (19.30 horas), xunto a Noia Portus Apostoli-Palma Futsal (venres 31, 21.30 horas): “Será un bo torneo, con catro equipos fortes. É unha boa oportunidade para empezar con bo pé na casa e que a xente vexa que ten que vir a Vista Alegre, para seguir apoiándonos”, convidaba así Pope á Bancada Laranxa a asolagar Vista Alegre o venres e sábado.
“Cambiou moito o equipo, pero sabemos que será un partido moi duro cun rival moi correoso, nos derbis con Santiago sempre hai moita rivalidade” poñía en preaviso así o burelista, recoñecendo a súa predilección por unha hipotética final contra o seu antigo equipo: “Sempre é bonito xogar contra un ex-equipo. A ver se podemos gañar os dous e vernos na final”, concluía Pope.























Na presentación participaron o delegado territorial Javier Arias e o deputado de Rural Daniel García, que puxeron en valor a tradición e o traballo das filloeiras. A organización prevé poñer á venda 18.000 filloas, incluíndo opcións sen glute, e o recinto feiral acollerá artesanía, música, obradoiros e a entrega dos premios do concurso escolar. O xornalista David Valverde Cabaleiro será o pregoeiro. A Vicepresidencia da Deputación colabora coa actuación de Nubeiro e cunha degustación de xamón de porco celta a través do programa Un Gusto de Rural. Arredor de 150 persoas participarán na organización ao longo da xornada.
A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
