Burela, 26 de outubro de 2018. Do 19 ao 25 de novembro desenvolverase unha nova edición da campaña Burela en negro contra a violencia machista. Os establecementos comerciais e hostaleiros que desexen unirse a esta iniciativa, que tinguirá de negro a vila durante unha semana, deben enviar un correo a cim@burela.org ou chamar ao teléfono 982 58 06 09 canto antes e desde o Concello subministraranlles o material e a información necesaria para participar.
Desde a Concellería de Servizos Sociais lembran que “o 17 de decembro de 1999 a Asemblea Xeral das Nacións Unidas declarou o 25 de novembro como Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres, convidando a gobernos, organizacións internacionais e organizacións non gobernamentais a desenvolver actividades dirixidas a sensibilizar a poboación respecto da situación de violencia na que viven moitas mulleres. Desde 2003 ata maio do 2017, a Delegación do Goberno rexistrou 53 asasinatos machistas en Galicia, e lévanse producido 780 no Estado”.
Dende a Concellaría de Servizos Sociais de Burela “consideramos que a actual situación require dunha resposta unánime de toda a sociedade que poña de manifesto o rexeitamento de todas as formas de violencia contra as mulleres. Para iso, animamos ao sector do comercio e á hostalería, asociacións, entidades, e á cidadanía en xeral a implicarse na conmemoración do 25 de novembro”.
Co campaña Burela en negro “propoñémosvos vestir de loito o noso pobo, en sinal de dor por todas as mulleres que sofren violencia, e como resposta á máis dura das súas consecuencias, a morte. Porque consideramos que tedes o protagonismo das rúas de Burela, e sodes o gran escaparate que pode transmitir á cidadanía a mensaxe de denuncia e solidariedade: queremos Burela libre de violencias machistas!”, engaden desde o CIM e desde o Concello.
Esta campaña desenvolverase conxuntamente con outras 92 vilas e cidades galegas baixo o lema En Negro Contra As Violencias co obxectivo de poñer sobre as axendas, coa maior contundencia posible e dunha vez por todas, a violencia machista como un problema público, de toda a cidadanía.
Os locais comercias, hostaleiros, asociacións e entidades que queiran sumarse a esta campaña poden facelo do seguinte xeito:
– Chamar ao número de teléfono 982.58.06.09 ou enviar un correo electrónico a cim@burela.org cos datos do establecemento, entidade, asociación (nome e enderezo) e da persoa de referencia (nome e teléfono) e deseguida desde o Concello contactarán cos interesados e interesadas.
“E do 19 ao 25 de novembro, viste a túa tenda, comercio, empresa, bar, local, centro…etc de negro, viste os manequíns, os manteis do teu restaurante, as cristaleiras ou a ti mesmo/a de negro, nos enviarémosche material e información que tamén compartiremos nas redes sociais”, engaden desde a Concellería de Servizos Sociais.























A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.



