Lugo, 26 de outubro de 2018.- O vindeiro luns darán comezo na Mariña tres obradoiros de emprego que se desenvolverán en oito municipios. En concreto, iníciase o obradoiro Ribadeo no Camiño, tamén o de Sendas de Burela, Cervo e Xove, e Serra da Cadeira, que comparten Barreiros, Lourenzá, Mondoñedo e Trabada.
O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, subliñou que estas iniciativas supoñen a contratación de 73 persoas, das que 60 son alumnos traballadores que recibirán formación teórica e práctica que lles permita obter un certificado de profesionalidade en especialidades con boas expectativas no mercado de traballo. O resto de contratos son para persoal de dirección, administración e monitores.
Balseiro sinalou que a Consellería de Economía, Emprego e Industria realiza un investimento de case 886.000 euros nestes proxectos. Cada un deles recibe unha achega de 288.800 euros; ademais, Cervo, Xove e Burela optaron por un obradoiro dual polo que reciben outros 19.500 euros para incentivar a contratación laboral de trece alumnos e alumnas en empresas da zona.
A modalidade dual é a principal novidade desta convocatoria e fai posible que os participantes combinen o contrato de formación e aprendizaxe no obradoiro durante nove meses coa posibilidade dun contrato posterior nunha empresa de polo menos tres meses máis.
Esta será a quinta edición do obradoiro de Sendas. Conta con seis alumnos traballadores en Xove na especialidade de Operacións auxiliares de revestimentos continuos en construción, que traballarán no acondicionamento de diversos espazos públicos, como os centros sociais do Monte, Lago, Sumoas, Portocelo e Rigueira, ou o pavillón municipal, o colexio público de Palmeiro, o campo de fútbol, e o mobiliario urbano e a sinalización de diversas rúas.
Cervo e Burela teñen sete alumnos cada un na especialidade de Actividades auxiliares en viveiros, xardíns e centros de xardinería, que traballarán no mantemento e adecuación de parques e zonas verdes.
Proxectos
O obradoiro Serra da Cadeira, que igualmente chega á súa quinta edición, está centrado nas especialidades de Instalación de elementos de carpintería e Actividades auxiliares en conservación e mellora de montes.
En Lourenzá hai seis alumnos que acondicionarán distintos espazos verdes e tamén arranxarán os elementos de madeira dos parques infantís do municipio e o peche da parcela no centro de día, entre outros labores.
Os seis alumnos de Barreiros realizarán obras de mantemento e conservación do albergue de Gondán. Trabada conta con catro alumnos que traballarán, entre outros cometidos, no mantemento da ruta do Camiño de Santiago no municipio e na restauración ambiental das concas dos regos Vidal, Vilaformán a a desembocadura de San Martiño.
Pola súa banda, os catro alumnos do Concello de Mondoñedo tamén realizarán traballos de mantemento no Camiño de Santiago e construirán unha varanda madeira para a Ponte do Pasatempo, entre outros obxectivos.
Tamén está centrado na mellora da ruta Xacobea o obradoiro Ribadeo no Camiño, con 10 alumnos na especialidade de Instalación e mantemento de xardíns e zonas verdes e outros tantos na de Dinamización, programación e desenvolvemento de accións culturais.
Durante estes días estanse a poñer en marcha a totalidade dos 20 obradoiros previstos na provincia de Lugo, dous deles para menores de 30 anos -ambos xa iniciados, en Lugo e Ribadeo-. En total, involucran a 50 concellos, supoñen un investimento da Xunta de 5,5 millóns de euros e suman 472 contratacións.























A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.



