A Mariña 26-10-18. Hoxe a ilusión para os usuarios dos Centros de Rehabilitación Psicosocial e Laboral de “A Mariña” e a Unidade Residencial ubicada en Cervo, palpábase en cada recuncho.
Chegou o momento que todos estábamos esperando, a entrega das flores que cultivamos con tanto cariño durante este ano nos nosos invernadoiros.
Foi un dos resultados dos Obradoiros de Agricultura e Floricultura Ecolóxica impartidos pola nosa apreciada monitora, Sonia Marcos Prieto, quen con delicadeza e moita paciencia foi inculcando en todos os participantes un amor incondicional polas plantas.
Estes invernadoiros foron subvencionados íntegramente pola Excma. Diputación de Lugo, a principios de ano. Aínda que tamén temos que destacar a axuda do Concello de Cervo para parte da preparación do terreo. Entre todos fixemos equipo ¡!
Entre outros cultivos plantamos flores. Ademáis de aprender o seu cultivo e coidados quixemos que os nosos usuarios deran un paso máis e propuxémonos a venda, para que puideran ver a utilidade e froito do seu esforzo , traballo e formación.
Neste senso, a Directora Técnica Xeral de “A Mariña”, María José Nóvoa, agradece a colaboración á Floristería Alecrín que nos axudou no proceso de venda, comprando as nosas flores e facendo partícipes en todo momento aos nosos usuarios, ademáis de a toda a comunidade, xa que parte da flor tamén é adquirida pola Unidade Pastoral Cervo-Burela.
Todo isto fixo posible que hoxe viviran unha nova experiencia, viran a utilidade do seu traballo e se sentiran moi valorados, o que repercute nun aumento da autoestima de todos eles e por suposto nunha consecuente mellora da calidade de vida.
Hoxe mesmo, no momento da entrega das flores, Fernando explicou o seu traballo na floristería a tódolos asistentes e emocionounos co cultivo, colorido e doce recendo de toda a súa mercadoría .
Dende “A Mariña”, desexamos que estas flores os acompañen estos días xa que representan o esforzo e cariño dos nosos usuarios e que mellor maneira de amosar os sentimentos que cunha flor solidaria!!






















A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.



