Alfoz, 26 de outubro de 2018.- A subdelegación do Goberno, a través da Xefatura Provincial de Tráfico, e o Concello de Alfoz manteñen unha estreita colaboración na realización de campañas de formación en materia de seguridade vial. Hoxe mesmo celebrouse, no Centro Sociocultural de Alfoz, unha charla destinada a maiores deste concello e que contou coa participación do alcalde, Jorge Val.
O novo Xefe provincial de Tráfico, Ángel Álvarez, e a coordinadora provincial de Educación Vial, Sara Fuenteseca, foron os encargados de explicarlles aos veciños cales son os comportamentos que deben evitar tanto peóns como automovilistas e os riscos que plantexan os malos hábitos ao volante.
Na charla, os responsables de Tráfico fixeron fincapé nas consecuencias que teñen as distraccións e na fraxilidade dos peóns, polo que destacaron a importancia de facer uso de elementos como chalecos e elementos reflectantes que axudan á visibilidade. Asimesmo, incidiron na necesidade de usar o cinto de seguridade.
Outro aspecto sobre o que trataron foi o de cómo se debe circular polas rotondas, xa que este é un dos aspectos que máis dúbidas acostuma xenerar aos condutores.
Ao acto, que forma parte da programación de Educación Vial que desenvolve na provincia a Xefatura de Tráfico, asistiron veciños con idades comprendidas entre 55 e 80 anos.























A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.



