Ribadeo, 25 de outubro de 2018. O Concello segue coas obras de arranxo de camiños que continúan estes días en Rinlo e tamén en Vilaframil, aproveitando o bo tempo. O alcalde, Fernando Suárez, subliña que moitos dos traballos que se están a realizar foron consensuados coas asociacións veciñais.
O rexedor dixo que “no Concello de Ribadeo seguimos traballando con este aglomerado que estamos facendo en moitas das parroquias tanto da costa como do interior. Neste caso estamos traballando en Rinlo e máis en San Xillao, que é un núcleo da parroquia de Vilaframil, poñendo en valor camiños que estaban nunha situación francamente deteriorada e polos que pasa moita xente. Estamos aproveitando este bo tempo do outono para aglomerar e para continuar con este traballo que estamos facendo en todas as parroquias do concello”.
Fernando Suárez lembrou que “estas obras lévanse a cabo con este programa ambicioso de fondos propios, de fondos municipais, e que van seguir con outra serie de actuacións a curto prazo para seguir poñendo en valor as nosas parroquias”.
O alcalde manifestou: “sabemos que temos moitísimas pistas, moitísimos camiños, e que non todos poden ir ao mesmo tempo, pero sempre intentamos repartir entre as parroquias da costa e as parroquias do interior, e atendendo moi especialmente as opinións que nos formulan as diferentes asociacións de veciños. Sabemos que non se pode ir a todos os sitios ao mesmo tempo, pero imos cunha intención clara e meridiana de actuar en todos os lugares”.



























Estará dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, xa que neste 2026 cúmprese o centenario do nacemento de quen fora presidente do Goberno. No acto interviñeron o presidente do RCNR, Pablo Fernández, o director territorial de Deportes da Xunta, Manuel Otero, un dos fillos do tamén alcalde honorario de Ribadeo Víctor Calvo-Sotelo, e o rexedor ribadense, Dani Vega. Todos exaltaron a práctica deportiva na ría, a labor desenvolvida polo Real Club Náutico e a vinculación de Leopoldo Calvo-Sotelo co estuario. Entre o público asistente estaban máis membros da familia Calvo-Sotelo, directivos e ex directivos do RCNR, edís de Ribadeo e representantes de Acisa.
O grupo, composto por cinco mulleres e sete homes cunha media de 26 anos, foi recibido pola subdelegada do Goberno, Olimpia López, que lles agradeceu o compromiso co servizo público e destacou o papel esencial da Policía Nacional na seguridade cidadá. Oito axentes estarán na Comisaría de Lugo, dous en Monforte e dous en Viveiro. Ao finalizar as prácticas, escollerán destino definitivo segundo a puntuación obtida no proceso selectivo.
A iniciativa busca poñer en valor a diversidade cultural do municipio a través da gastronomía, convidando ás persoas de diferentes países a elaborar pratos típicos que se ofrecerán de forma gratuíta ao público. O Concello asumirá o custo dos ingredientes e asignará a cada participante un posto identificado co seu país de orixe. As inscricións poden realizarse ata o 29 de xullo enviando un correo a feiras@vilalba.es. Rouco chamou á participación para seguir construíndo unha Vilalba aberta e integradora, nunha feira que quere consolidarse como espazo de convivencia e dinamización da feira tradicional.
Ata o 4 de agosto poderán realizarse as renovacións, mantendo as tarifas aprobadas en asemblea: 200 € e 250 € para adultos, e acceso gratuíto para menores grazas ao convenio coa Fundación Imdecum, con opción voluntaria de abono infantil por 40 € con reserva de asento. A partir do 5 de agosto activaranse as novas altas. Os abonos poderán tramitarse a través de CLUBER ou presencialmente na oficina do club, con horario de mañá e tarde en xullo e só de mañá en agosto.
A Presidenta Carmela López destacou o valor deste produto emblemático da Mariña e o traballo do sector pesqueiro. Rocío Rivera e Herminia Pernas puxeron en valor a tradición mariñeira de Burela e o papel dos mariñeiros da Moncloa. O público degustou 450 tapas elaboradas con bonito nunha xornada que serviu de escaparate desta cita gastronómica e de convite a visitar Burela a próxima fin de semana.
As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
Trátase dunha mostra de 28 fotografías de gran formato do naturalista Ezequiel Martínez que reivindica a diversidade e a conservación da fauna salvaxe. A iniciativa, organizada polo Concello da Pastoriza en colaboración con ABANCA e Afundación dentro do proxecto Corrente cultural, poderá visitarse de balde ata o 26 de agosto. As imaxes, acompañadas de textos divulgativos elaborados por especialistas de Naturnova, amosan especies emblemáticas como o oso pardo, a cegoña, o cervo ou a aguia imperial, convidando a reflexionar sobre a importancia de protexer o patrimonio natural.



