A Mariña, 25 de outubro de 2018. A Mancomunidade de Municipios da Mariña procederá dentro duns días ao reparto dos contedores adquiridos ao abeiro dunha subvención do Fondo de Compensación Ambiental. Dos 115.000 euros investidos na renovación destes recipientes, 81.000 euros proceden desa subvención e o resto é aportado polos 12 concellos que os solicitaron.
O presidente da Mancomunidade de Municipios da Mariña, Alfredo Llano, contou que “a Mancomunidade ten pedido, como fixo outros anos, ao Fondo de Cooperación Ambiental unha renovación de contedores, polo tanto cada Concello da Mancomunidade pediu os que cre que lle fan falta. Unha vez recibida a subvención e contratada xa a empresa que nos vai subministrar os contedores, hai que dicir que a xestión de petición foi ben levada e realmente todos os Concellos van adquirir os contedores que solicitaron no seu momento, e incluso é posible que teñan algún a maiores”.
Llano explicou que “para doce Concellos, hai outros catro que se agruparon entre si para facer outro tipo de petición, hai que dicir que contedores verdes de 800 litros temos 205, verdes de 360 litros temos 108, contedores amarelos temos 66, de papel son 44, de vidro 13, 48 papeleiras e 82 suxeita contedores. Isto é o que imos distribuír xa a partir da semana que ven, por todos os concellos. Pensamos que é unha boa solución para as necesidades que case todos temos de renovar ou de repoñer contedores, polo tanto esta é unha boa axuda. Foi unha subvención que solicitáramos para o 80% e déronnos o 70%, pero grazas á licitación e á rebaixa da empresa que saíu licitada, conseguimos un bo número de contedores e a moi bo prezo. Calculo que enseguida se van distribuír. Cada un dos Concellos vai ter aqueles que ten solicitado, e incluso queda en reserva algún máis que pode necesitar no futuro”.
Plan integrado de emprego
O presidente da Mancomunidade engadiu que “tamén estamos agardando a resolución do que temos solicitado, que nos parece moi importante, que é o plan integrado de emprego Avanza, que xa temos feito un aí atrás para dar formación a 60 persoas cunhas características laborais moi concretas e determinadas, e dun determinado colectivo. Cremos que fixemos desde a Mancomunidade unha boa labor no plan de emprego, por esa razón volvemos solicitar a todos os Concellos da Mariña este novo plan integrado, e estamos agardando pola resolución. Este ano serían 100 os traballadores aos que se vai dar formación, dos cales temos que empregar a uns 24 ou 25 ao final para que teñan unha empregabilidade como mínimo de tres meses en diferentes empresas da Mariña. Estamos agardando e calculamos que antes de Nadal poidamos ter isto en marcha”.




























Estará dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, xa que neste 2026 cúmprese o centenario do nacemento de quen fora presidente do Goberno. No acto interviñeron o presidente do RCNR, Pablo Fernández, o director territorial de Deportes da Xunta, Manuel Otero, un dos fillos do tamén alcalde honorario de Ribadeo Víctor Calvo-Sotelo, e o rexedor ribadense, Dani Vega. Todos exaltaron a práctica deportiva na ría, a labor desenvolvida polo Real Club Náutico e a vinculación de Leopoldo Calvo-Sotelo co estuario. Entre o público asistente estaban máis membros da familia Calvo-Sotelo, directivos e ex directivos do RCNR, edís de Ribadeo e representantes de Acisa.
O grupo, composto por cinco mulleres e sete homes cunha media de 26 anos, foi recibido pola subdelegada do Goberno, Olimpia López, que lles agradeceu o compromiso co servizo público e destacou o papel esencial da Policía Nacional na seguridade cidadá. Oito axentes estarán na Comisaría de Lugo, dous en Monforte e dous en Viveiro. Ao finalizar as prácticas, escollerán destino definitivo segundo a puntuación obtida no proceso selectivo.
A iniciativa busca poñer en valor a diversidade cultural do municipio a través da gastronomía, convidando ás persoas de diferentes países a elaborar pratos típicos que se ofrecerán de forma gratuíta ao público. O Concello asumirá o custo dos ingredientes e asignará a cada participante un posto identificado co seu país de orixe. As inscricións poden realizarse ata o 29 de xullo enviando un correo a feiras@vilalba.es. Rouco chamou á participación para seguir construíndo unha Vilalba aberta e integradora, nunha feira que quere consolidarse como espazo de convivencia e dinamización da feira tradicional.
Ata o 4 de agosto poderán realizarse as renovacións, mantendo as tarifas aprobadas en asemblea: 200 € e 250 € para adultos, e acceso gratuíto para menores grazas ao convenio coa Fundación Imdecum, con opción voluntaria de abono infantil por 40 € con reserva de asento. A partir do 5 de agosto activaranse as novas altas. Os abonos poderán tramitarse a través de CLUBER ou presencialmente na oficina do club, con horario de mañá e tarde en xullo e só de mañá en agosto.
A Presidenta Carmela López destacou o valor deste produto emblemático da Mariña e o traballo do sector pesqueiro. Rocío Rivera e Herminia Pernas puxeron en valor a tradición mariñeira de Burela e o papel dos mariñeiros da Moncloa. O público degustou 450 tapas elaboradas con bonito nunha xornada que serviu de escaparate desta cita gastronómica e de convite a visitar Burela a próxima fin de semana.
As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
Trátase dunha mostra de 28 fotografías de gran formato do naturalista Ezequiel Martínez que reivindica a diversidade e a conservación da fauna salvaxe. A iniciativa, organizada polo Concello da Pastoriza en colaboración con ABANCA e Afundación dentro do proxecto Corrente cultural, poderá visitarse de balde ata o 26 de agosto. As imaxes, acompañadas de textos divulgativos elaborados por especialistas de Naturnova, amosan especies emblemáticas como o oso pardo, a cegoña, o cervo ou a aguia imperial, convidando a reflexionar sobre a importancia de protexer o patrimonio natural.



