Burela 4-12-18. A Organización de Produtores Pesqueiros de Lugo está colaborando a través da Confederación Española de Pesca CEPESCA coa Universidade de Alicante no estudo de alternativas futuras de co-xestión da pesca de tiburóns, en especial para a tintorera e o marraxo dientuso.
Esta colaboración parte dunha Tese de Fin do Máster de Xestión Pesqueira Internacional que se imparte na Universidade alicantina, que actualmente celebra a súa sétima edición e conta coa colaboración do Centro Internacional de Altos Estudios Agronómicos Mediterráneos (CIHEAM); a Secretaría Xeral de Pesca do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación; a Comisión Xeral de Pesca do Mediterráneo e a Organización das Nacións Unidas para a Alimentación e a Agricultura (FAO).
Thaya Mirinda Dinkel é a alumna do Máster de Xestión Pesqueira Internacional que está a realizar esta Tese, e conta coa colaboración dos armadores de palangre de superficie da OPP-07 para recopilar, tanto de forma individual como conxunta, as principais características destas pesquerías a través dos seus coñecementos pesqueiros. Tamén está prevista a colaboración neste proxecto da Asociación Nacional de Armadores de Buques Palangreiros de Altura (ANAPA) e a Asociación Provincial de Armadores de Buques de Pesca de Palangre e Outras Artes de Pontevedra (ARPOAN).
O obxectivo das prácticas é analizar alternativas de mellora na xestión de marraxo dientuso e da tintorera no Atlántico, analizando, desde unha perspectiva de coñecementos da pesca tradicional, distintos modelos de xestión (cuotas, esforzo), así como posibles medidas técnicas aplicables ás pesquerías (anzol, zonas de pesca, tallas mínimas), que poden servir, sobre todo, para a zona do Atlántico Norte, que é onde opera a maioría da flota da OPP-07.
O programa de traballo inclúe reunións con armadores, patróns de pesca, técnicos e expertos na materia, expertos da Comisión Internacional para a Conservación do Atún Atlántico (ICCAT), científicos do Instituto Español de Oceanografía (IEO) e representantes da Secretaría Xeral de Pesca do MAPA e da Consellería do Mar da Xunta de Galicia.
Según Javier Garat, secretario xeral de CEPESCA, “a colaboración entre o sector pesqueiro e a comunidade científica é a base da mellora continua da xestión pesqueira e este convenio coa Universidade de Alicante está encaminado a continuar aumentando o coñecemento do estado e características dos stocks pesqueiros, para contribuir á definición das medidas máis apropiadas para garantir unha pesca sostible”.
O traballo de investigación e documentación comezou en novembro e extenderase durante os vindeiros meses, coa idea de presentar o resultado en xuño de 2019.




















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



