Viveiro, 5 de febreiro de 2019.- O PSOE de Viveiro denuncia que ducias de veciños non foron atendidos este martes no Centro de Saúde porque a Xunta non cubriu as baixas por enfermidade de 3 médicos. “Esta situación é insostible. É un auténtico caos, os 4 profesionais que estaban esta mañá no ambulatorio tiveron que facer o traballo de 7 facultativos. Moitos viveirenses quedaron sen ser atendidos. Estamos fartos de que a Xunta de Galicia xogue coa saúde de todos nós. Esta é a atención primaria da que presume o señor Feijóo. Esiximos que o Sergas dea de inmediato as explicacións necesarias” censurou a Vicesecretaria Xeral do PSOE e Alcaldesa de Viveiro, María Loureiro.
“Esta non é a primeira vez que temos estes problemas pois durante o Nadal houbo semanas con 3 médicos na quenda de mañá, como sucedeu hoxe. Isto provoca que os veciños teñan que agardar ata 10 días por unha consulta, que os médicos atendan unha media de 60 persoas nunha mañá” explicou Loureiro.
Máis persoas para urxencias
Pola tardes, hai tan só 3 médicos para consultas e as urxencias dos veciños de Viveiro (que son uns 15.500) e tamén para as do Vicedo e Ourol (outros 3.000), posto que o centro de saúde viveirense tamén é PAC. Os veciños levan tempo reclamando ao executivo autonómico que se reforce o persoal, pois cando hai urxencias a domicilio é imposible asumir o volume de traballo e polo tanto ofrecer unha atención sanitaria digna.
Viveiro, O Vicedo e Ourol sen pediatra
Os socialistas denuncian que outras das prestacións afectadas polos recortes do goberno galego do PP é a de pediatría, que pasou de contar con 2 profesionais a ter tan só 1. Un único pediatra é agora o responsable de atender aos 2.000 nenos de Viveiro, O Vicedo e Ourol..
Concentracións no centro de saúde
Veciños, persoal do centro de saúde e socialistas levan concentrándose nas últimas semanas diante do edificio en protesta pola situación na que goberno do PP en Galicia mantén a atención primaria pública neste municipio
Saúdos,




















Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
En concreto, o sinistro ocorreu na N-634, en Vilaframil. Neste caso, un dos vehículos implicados envorcou e o único ocupante quedou atrapado, polo que necesitou axuda dos Bombeiros de Barreiros para poder saír do coche. Cando foi liberada, a persoa recibiu os primeiros coidados dun equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 desprazado no lugar dos feitos. En relación ao outro condutor implicado no accidente, cómpre destacar que tamén era o único ocupante, resultou ileso e estaba liberado e accesible.
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.



