Viveiro 14-2-19. No día de hoxe asinouse a acta de recepción das obras de “Acondicionamento e mellora do paseo marítimo en Covas no tramo fronte aos Castelos”. Neste proxecto inclúense as obras necesarias para proceder ao reforzo e recheo da zona afectada e paralizar as filtracións e lavado de terreo que se veñen producindo, para o que se levarán a cabo as seguintes actuacións:
– Demolición do pavimento actual e a soleira de formigón, nunha superficie de 5,00 x 15,00 metros.
– Retirada en dita superficie de actuación do material de recheo existente baixo a soleira.
– Posterior recheo da zona de actuación con formigón ciclópeo, que ademáis permitirá reforzar o muro que sostén o paseo.
– Reposición dos servizos afectados de rede de pluviais e de saneamento.
– Reposición da instalación de alumeado público.
– Reposición do pavimento, execución de soleira de formigón armado sobre a que se disporá a baldosa hidráulica similar á existente.
O presuposto de contrata deste proxecto foi de 43.626,95 € e o seu custe foi financiado pola Deputación Provincial de Lugo no marco do Plan Único de Cooperación cos Concellos 2018.