Lugo, 8 de abril de 2019. O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, o Alcalde de Riotorto, Clemente Iglesias González, e o Presidente da Asociación de Ferreiros, José Manuel Cobo, xunto a outras autoridades, presentaron, este luns, a XIII Feira da Artesanía do Ferro de Riotorto, que se celebrará o vindeiro domingo, 14 de abril e reunirá a ferreiros chegados de toda a provincia, así como de Galicia e Navarra, entre outros. A presentación tivo lugar na Forxa de Lourín e, durante o acto, realizouse unha demostración en vivo de artesanía do ferro.
Campos Conde destacou que “dende o Goberno da Deputación, mantemos un firme compromiso con esta cita coa que colaboramos, realizando unha achega económica de 11.000 euros. A Feira da Artesanía do Ferro de Riotorto, é un evento xa asentado na nosa provincia, pois esta é décimo terceira edición, que cada ano atrae a milleiros de persoas ao municipio. Deste xeito, dinamizamos a economía local e do conxunto da Mariña Lucense, así como poñemos en valor un oficio tradicional, a través de numerosas actividades e con demostracións en vivo”.
A XIII Feira da Artesanía do Ferro de Riotorto, que reunirá a 28 ferreiros, celebrarase no recinto feiral cuberto baixo carpa, onde tamén se poderá degustar polbo e outra comida tradicional. Haberá animación musical durante toda a xornada a cargo dos Gaiteiros de Riotorto e a Charanga Louband.
Programación da feira
– Ás 11:00 horas: Apertura da Feira e artesanía dos ferreiros de Riotorto e exposición de artesáns e produtos do campo.
– Ás 11:15 horas: demostración dos oficios de pirogravado, a cargo de Pirogravados do Norte do Concello de Ortigueira; torneado de madeira, a cargo de Roberto Figueira do Concello de Rianxo; Cestería Lito; Alfarería Aparicio de Buño e demostracións de cristal tallado e decorado, da man de Eugenio Soto.
– Ás 11:30 horas: presentación do libro A idade de Ferro, do autor Xosé Salgado.
– Ás 12:00 horas: actuación do Coro de Riotorto.
– Ás 12:15 horas: inauguración oficial da XIII Feira da Artesanía do Ferro de Riotorto.
– Ás 12:30 horas: demostracións en vivo da artesanía do ferro a cargo dos Ferreiros de Riotorto, o ferreiro austríaco Friedrich Brasmsteidl; Alberto Leis de Santiago de Compostela; o Centro de Interpretación da Forja (Forjas Brun de Navarra); o ferreiro Antonio do Corgo; ferreiros da Fonsagrada e Forxa Chao, de Santiago de Compostela.
– Ás 12:45 horas: obradoiros de ferro infantil, a cargo do ferreiro austríaco Friedrich Brasmsteidl. Actuación da Charanga Louband e animación itinerante co espectáculo realizado por Pepe Penabade.
– Ás 16:30 horas: Actuación da Charanga Louband e animación itinerante co espectáculo realizado por Pepe Penabade.
– Ás17:00 horas: demostracións en vivo da artesanía do ferro e demostracións de oficios de Pirogravado e de torneado de madeira.
– Ás 19:00 horas: espectáculo infantil para os máis pequenos no atrio da Igrexa de Riotorto.



























A iniciativa busca poñer en valor a diversidade cultural do municipio a través da gastronomía, convidando ás persoas de diferentes países a elaborar pratos típicos que se ofrecerán de forma gratuíta ao público. O Concello asumirá o custo dos ingredientes e asignará a cada participante un posto identificado co seu país de orixe. As inscricións poden realizarse ata o 29 de xullo enviando un correo a feiras@vilalba.es. Rouco chamou á participación para seguir construíndo unha Vilalba aberta e integradora, nunha feira que quere consolidarse como espazo de convivencia e dinamización da feira tradicional.
Ata o 4 de agosto poderán realizarse as renovacións, mantendo as tarifas aprobadas en asemblea: 200 € e 250 € para adultos, e acceso gratuíto para menores grazas ao convenio coa Fundación Imdecum, con opción voluntaria de abono infantil por 40 € con reserva de asento. A partir do 5 de agosto activaranse as novas altas. Os abonos poderán tramitarse a través de CLUBER ou presencialmente na oficina do club, con horario de mañá e tarde en xullo e só de mañá en agosto.
A Presidenta Carmela López destacou o valor deste produto emblemático da Mariña e o traballo do sector pesqueiro. Rocío Rivera e Herminia Pernas puxeron en valor a tradición mariñeira de Burela e o papel dos mariñeiros da Moncloa. O público degustou 450 tapas elaboradas con bonito nunha xornada que serviu de escaparate desta cita gastronómica e de convite a visitar Burela a próxima fin de semana.
As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
O campo de fútbol do Cascabeiro acolleu o pasado sábado a III Festa do Mexillón, organizada polo Celta Barreiros. Centos de persoas achegáronse a gozar dunha tarde de gastronomía e de música. En total foron servidas 670 racións entre veciñanza e visitantes, que saborearon mexillóns e lacón. Os organizadores amosasen satisfeitos da acollida: “estamos contentos pola boa resposta dos asistentes”. E tiveron palabras de agradecemento “para os Concellos de Barreiros e de Foz pola boa colaboración”.
Familias, amizades e persoas de todas as idades viviron cada xogada e cada aplauso, evidenciando que o fútbol é tamén unha oportunidade para fortalecer a convivencia e a unión da veciñanza. O municipio felicitou á Selección Española polo seu título mundial, un éxito histórico que fixo vibrar a toda a comunidade.
Trátase dunha mostra de 28 fotografías de gran formato do naturalista Ezequiel Martínez que reivindica a diversidade e a conservación da fauna salvaxe. A iniciativa, organizada polo Concello da Pastoriza en colaboración con ABANCA e Afundación dentro do proxecto Corrente cultural, poderá visitarse de balde ata o 26 de agosto. As imaxes, acompañadas de textos divulgativos elaborados por especialistas de Naturnova, amosan especies emblemáticas como o oso pardo, a cegoña, o cervo ou a aguia imperial, convidando a reflexionar sobre a importancia de protexer o patrimonio natural.



