Burela, 25 de abril de 2019. Mañá terá lugar no Concello de Burela unha reunión para acordar os termos da licitación do proxecto executivo das obras que se acometerán no pavillón Vista Alegre para adaptalo ás esixencias da Liga Nacional de Fútbol Sala. A Liga ven de enviarlle unha comunicación ao Concello na que se dá o visto bo ás reformas propostas polo Concello “con planimetría incluída”. A xuízo do alcalde burelés, Alfredo Llano, os traballos deberían acometerse en dúas fases que incluirán a colocación de gradas que poderán ser recollidas parcialmente, dous novos vestiarios, servizos sanitarios e un novo acceso á instalación.
Alfredo Llano contou que “con moito agrado recibimos a resposta da Liga Profesional de Fútbol Sala con respecto ao que nosoutros lle temos enviado hai tempo indicándolles a proposta de obras, con planimetría incluída, que queremos facer no Vista Alegre para que se adapte ás esixencias da Liga e os equipos poidan xogar aí tendo a categoría que teñan. Este ano como subimos á Primeira División para que se poida xogar nesa categoría con todas as garantías hai unha serie de esixencias”.
O alcalde lembrou que “levamos meses con este tema dado que temos interese loxicamente en facer un novo pavillón, pero non é agora o momento porque non se dan as circunstancias económicas nin de carácter administrativo axeitadas. Ao final si que queremos que Burela conte cun novo pavillón, pero mentres tanto imos tratar de arranxar este do Vista Alegre para adaptalo e que nos poidan permitir que se xogue alí a liga de Primeira División de Fútbol Sala, e calquera outro evento deportivo que se solicite e que puidera necesitar desa categoría”.
Llano engadiu que “xa van feitas varias obras porque xa houbo que ir adaptando ao longo do tempo ás esixencias da liga este pavillón, creemos que estaba definitivamente logrado, pero aínda parece ser que non, polo tanto a ver se lle damos xa o finiquito a este problema. Entón o que imos facer mañá vai ser unha xuntanza para acordar os termos da licitación do proxecto executivo. Imos encargar o proxecto executivo para facer todo o que haxa que arranxar no pavillón. Loxicamente houbo que esperar á resposta da Liga Profesional para sacar o proxecto porque non imos encargar un proxecto se non se adecúa ou puidera haber algún problema posterior se non se fan ben as cousas. Como nosoutros queremos garantir que agora se poida facer por iso lle consultamos á Liga Profesional que nos dixo que dá o visto bo para facer esta reforma”.
O rexedor burelés anunciou que “mañá ímonos reunir para darlle para adiante a facer o antes posible a licitación do proxecto executivo da reforma que pretendemos. Vai ser en dúas fases, unha primeira que é para adaptalo o antes posible ás esixencias da Liga Profesional, e posteriormente imos facer unhas melloras na parte de arriba nunha serie de instalacións e servizos. O que se vai facer con esta obra vai ser a esixencia relativa ás gradas, co que se van colocar dúas gradas que poden ser recollidas parcialmente para agrandar a cancha de xogo que nos pode permitir simultanear ao mellor tres partidos de categorías infantís. Hai moitos campionatos en Burela que se poden facer e tamén abrimos outras posibilidades de máis campionatos de diversas categorías”.
Alfredo Llano seguiu a relatar que “tamén se van colocar dous novos vestiarios, servizos sanitarios e un almacén que pode servir ao final como ximnasio. Ademais imos facer un novo acceso ao pavillón pola zona onde se van colocar as gradas. Vaise facer unha mellora integral penso que moi boa, que vai ser moi aproveitada no futuro pola xente que utiliza este pavillón. Hai que ter en conta unha situación, que creo que é importante dicilo, que ese pavillón tamén funciona como aula de educación física do colexio Vista Alegre. Polo tanto acordaremos con Educación, unha vez que estea rematado o proxecto executivo para licitar a obra, para poñerse de acordo nos prazos. O mellor é non interromper absolutamente nada, nin a educación nin os partidos de fútbol ou doutro tipo de deporte que se poidan xogar alí. Imos buscar o mellor xeito de acometer a obra no menor tempo posible e molestando o menos posible, pero hai que falar con Educación para que se moleste o mínimo”.
O alcalde de Burela manifestou que “xa temos falado co presidente da Liga Profesional que imos acordar esta licitación para que vexa que hai vontade de realizar aquilo que sexa necesario para adaptalo ás esixencias da Liga, pero tamén hai que ter en conta os prazos e estar pendentes do que di a lei, as normas e a economía para que todo se poida facer. Non é algo tan inmediato de hoxe para mañá senón que leva o seu tempo, pero quero dicir que o equipo de goberno leva traballando con este tema desde hai bastantes meses, que o estamos levando da mellor forma posible, con rigor, que queremos unha boa obra na mellora do pavillón Vista Alegre, e non imos renunciar a facer un novo pavillón máis adiante porque cremos que así o esixe a demanda do deporte que hai no noso concello se queremos potenciar o deporte base, queremos que todo aquel que queira practicar deporte teña as súas instalacións da mellor maneira posible, e ao mesmo tempo tamén garantir que os nosos equipos de primeira división poidan estar aquí porque hai que ter en conta que é unha gran cousa para Burela ter dous equipos de primeira división de fútbol sala”.




















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



