- O Concello de Viveiro instalará unha pantalla xigante para seguir o España-Francia
A semifinal do Mundial poderá seguirse este martes ás 21.00 horas na Praza Maior.
- A pista ecuestre da Bidueira de Cervo foi escenario este sábado dunha magnífica xornada coa celebración da III Carreira de Andadura, que reuniu a numerosos participantes e afeccionados ao mundo ecuestre
A alcaldesa, Dolores García Caramés, e o concelleiro Adrián Arias non quixeron perderse a cita e foron os encargados de facer entrega dos premios ás persoas gañadoras, felicitando a todos os participantes polo seu esforzo e polo gran nivel demostrado durante a competición. Desde o Concello de Cervo expresaron o agradecemento á Asociación Cabaleiros da Bidueira polo excelente traballo de organización, así como a todas as persoas colaboradoras, participantes e público asistente que fixeron posible o éxito desta terceira edición.
- Con outra Voz, o magazine de fin de semana de RadioVoz, que se emite sábados e domingos para toda Galicia, fíxose este 11 de xullo desde o Ribadeo Indiano
Polos micrófonos pasaron entre outras as concelleiras de Cultura e Turismo: Begoña Sanjurjo e Marta Saíz; o alcalde, Dani Vega; a pdta de Acisa, Carmen Cruzado; a dtra da Coral Polifónica de Ribadeo, Mari Carmen Rdez Cancelo; a pregoeira, María Xosé Porteiro ou Ángel Terry, membro do afamado grupo de son cubano, Estrellas de Buena Vista y más que foron os encargados de pechar o evento na xornada do domingo.
- O Festival Aires do Masma celebra a súa XXV edición, cumprindo cuarto século de divulgación da cultura galega a través da música e do baile tradicional
Nesta ocasión contará, ademais de cos anfitrións A Subela, como grupo convidado ao Grupo Folclórico e Etnográfico do Cimeiro, procedente de Soure, en Portugal, que participa dentro dun intercambio cultural. A organización destaca que será unha edición especialmente significativa e anima ao público a non perdela. Terá lugar o 18 de xullo, ás 21:00 horas, na Praza Conde de Fontao, de Foz.
- A conselleira de Medio Rural en Ribadeo
María José Gómez, participou este sábado nos actos de celebración do XI Ribadeo Indiano.
- Este venres, diante da Casa do Concello de Cervo, gardouse un minuto de silencio en memoria das vítimas do tráxico incendio forestal de Los Gallardos (Almería)
Con este xesto, o Concello quere expresar o seu máis fondo pesar e trasladar toda a súa solidariedade e apoio ás familias das vítimas, ás persoas afectadas e a toda a veciñanza, compartindo a dor por esta inmensa traxedia.
- Co pregón da recoñecida escritora e xornalista Mª Xosé Porteiro arrincou este venres o XI Ribadeo Indiano
No acto, desenvolvido no Teatro, interviñeron o alcalde, Dani Vega, e a presidenta de Acisa, Carmen Cruzado. O Coro Sagrado Corazón puxo a nota musical a esta primeira cita deste evento histórico cultural. A continuación foi a baixada ao peirao na compaña do enxebre cuarteto Illa Pancha e xa en Porcillán tivo lugar a chegada dos indianos a cargo do prestixioso Grupo de Teatro de Ribadeo. Gallaeia Small Band e Septeto To’ Mezclao amenizaron o peirao e o Campo de Francisco esta primeira xornada do Ribadeo Indiano 2026.