Viveiro, 28 de outubro, 2019. O escritor Jordi Sierra i Fabra, único candidato español ao Premio Andersen 2020, visitará o teatro Pastor Díaz de Viveiro o vindeiro mércores 30 para reunirse con alumnos de Primaria e Secundaria. En total, serán máis de 300 estudantes os que terán a oportunidade de coñecer ao autor e formularlle preguntas.
Sierra i Fabra publicou máis de 500 libros ata a data e é un dos escritores máis lidos desde a década dos oitenta en escolas de España e América Latina. Foi traducido a máis de 40 idiomas e recibiu importantes recoñecementos como o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil ou a Medalla de Ouro de Belas Artes.
O vindeiro mércores compartirá a súa experiencia e o seu método con estudantes de varios centros educativos do Concello de Viveiro, que poderán formularlle as súas inquietudes. O encontro celebrarase nunha dobre sesión: ás 10.30 horas serán os alumnos de Primario quen charlará co autor e, a partir das 12.00 h, farano os de Secundaria.
O acto estará tamén aberto ao público en xeral ata completar aforo. Os interesados en asistir deben inscribirse previamente a través do correo electrónico aporral@gmail.com.
Biografía:
Jordi Sierra i Fabra naceu en Barcelona en 1947. Fillo único e de familia humilde, topou con moitos obstáculos que frearon o seu soño de converterse en escritor, entre eles, a oposición paterna. A súa vinculación coa música rock (foi director e en moitos casos fundador dalgunhas das principais revistas españolas do xénero nos anos sesenta e setenta) serviulle para facerse popular, sen perder nunca de vista o seu auténtico anhelo: escribir as historias que a súa volcánica mente inventaba. Publicou o seu primeiro libro en 1972. Desde entón escribiu máis de cincocentas obras, moitas delas best sellers, gañou case 40 premios literarios, ademais de recibir un centenar de mencións honoríficas e figurar en múltiples listas de honra, e foi traducido a máis de 30 linguas. Foi tres veces candidato por España ao Nobel de literatura xuvenil, o premio Hans Christian Andersen, e outras tres ao Astrid Lingren, en 2007 recibiu o Premio Nacional de Literatura do Ministerio de Cultura, en 2012 recibiu o Premio Cervantes Mozo por toda a súa carreira literaria e en 2013 o Premio Iberoamericano pola mesma causa. En 2018 fíxose coa Medalla de Ouro de Belas Artes do Ministerio de Cultura e a Creu de Sant Jordi que outorga a Generalitat de Cataluña. As vendas dos seus libros superan os doce millóns de exemplares. Viaxeiro incansable, romántico, sentimental e apaixonado, considérase a si mesmo un utópico posibilista e un namorado da palabra escrita e da liberdade que comporta.
En 2004 creou a Fundació Jordi Sierra i Fabra, en Barcelona, e a Fundación Taller de Letras Jordi Sierra i Fabra, en Medellín, Colombia, como culminación de toda unha carreira e do seu compromiso ético e social. Desde entón concédese o premio que leva o seu nome a un novo escritor menor de dezaoito anos. En 2010, as súas fundacións recibiron o Premio IBBY- Asahi de Promoción da Lectura. En 2012 apareceu a revista literaria en liña, gratuíta, www.lapaginaescrita.com, dedicada a ensinar a escribir aos mozos, e editáronse as súas Memorias Literarias. En 2013 inaugurouse o Centro Cultural da súa Fundación en Barcelona e en 2015 recibiu a Medalla de Honra da súa cidade natal.
Máis información na web oficial do autor, www.sierraifabra.com






















De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



