Ribadeo, 5 de novembro de 2019. O Auditorio Municipal Hernán Naval de Ribadeo acolle este sábado, 9 de novembro, a súa proposta musical máis ambiciosa no ciclo Outras Voces. Trátase do concerto que ofrecerá Tonina Saputo a partir das 20:30 horas.
Saputo, con 8 millóns de reproducións en youtube, recibe un pulo inmenso na súa carreira ao colocarse a súa versión de Historia dun amor, na listaxe das preferidas de Barack Obama.
As entradas para asistir a este concerto están á venda anticipada ao prezo de oito euros en ataquilla.com. O día da actuación poderán adquirise por 10 euros na billeteira, que abrirá ás 19:30 horas.
Tonina Saputo é unha cantante/compositora independente, baixista, xornalista musical e poeta de St. Louis, Missouri, que interpreta música orixinal xunto cos seus arranxos en español, inglés e italiano. Provén dunha familia de amantes da música a través da que coñeceu desde o funk, o soul e o jazz até a música clásica. O seu sentido do ritmo, a melodía e o seu dominio da voz fan que as interpretacións sexan unha experiencia emocionante para os seus ouvintes.
Saputo comezou a súa viaxe musical aos 9 anos e foi adestrada ao xeito clásico durante 11 anos, estudando con múltiples baixistas da Sinfónica de St. Louis e asistindo a varias clases maxistrais co baixista gañador do Grammy, John Clayton. Medrou participando en varias programas de música en St.Louis, e finalmente dirixiu as sección de baixo da Orquestra Sinfónica Xuvenil e a Orquesta All State de Missouri. Traballou co produtor e compositor galardoado cun Grammy, Javier Limón.
En outubro de 2016, Tonina Saputo viaxou a España para actuar no Auditorio Nacional de Madrid. Realiza o seu primeiro escaparate en marzo de 2017 no festival de música Ellas Crean en Madrid e gradúase no Berklee College of Music. En 2018 abre para a artista gañadora do Grammy, Lalah Hathaway en St. Louis. Viaxa para actuar en numerosos festivais por América e Europa e foi nomeada unha das novas artistas favoritas de NPR de 2018. Agora preséntase en solitario e co seu cuarteto por todo o mundo.
Tonina Saputo ofrecerá varios concertos estes días en Madrid e tamén actuará en Palencia, ademais de en Ribadeo.






















A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.



