Lugo, 6 de novembro, 2019. O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, pediu en Lugo unir o voto no Partido Popular para que haxa Goberno, xestión e compromiso con Galicia ante un Pedro Sánchez cada vez máis parecido a Zapatero no ámbito económico. Así, avogou por evitar que a España que vén despois do próximo domingo se converta naquela España da crise e da recesión.
Segundo manifestou, non hai por que esperar a que o deterioro da economía sexa maior nin a que os traballadores de Alcoa, As Pontes ou o sector forestal perdan o seu emprego para dar unha alternativa. Asegurou que unha política distinta é posible e que “é a política seria a que merece a pena”. Por iso, pediu o voto a favor do cambio unindo o voto do centro-dereita, para evitar que a España do 2024 sexa unha España en deterioro e en profunda recesión económica.
GALICIA NON É ALLEA Á SITUACIÓN DE ESPAÑA
No seu discurso, o líder do PPdeG lamentou que España se teña que enfrontar aos seus peores datos de paro nos últimos sete anos, o que motivou que o PSOE non quixera que se soubesen as cifras para a celebración do debate electoral. Como apuntou, Galicia non é allea á situación do país nin ás decisións e á falta de decisión do Goberno que tanto están danando a nosa industria, polo que advertiu dos perigos de volver ocultar a realidade e de relativizar outra vez o que sucede. Nese senso, recordou que xa hai precedentes de intentos similares e que os resultados xa os coñecen todos os españois porque os padeceron.
A INESTABILIDADE E A INACCIÓN DO GOBERNO DO PSOE
Como indicou Feijóo, levamos meses sen falar do que importa, como o emprego, a economía, as pensións e o avance do país; e volveu incidir en que España necesita estabilidade, xestión, rigor e experiencia.
A efectos da política nacional, o presidente aseverou que o país está parado, hai inestabilidade e inacción por parte do Executivo central. Pola contra, asegurou desde a Comunidade estase a facer todo o posible para compensar todo isto -a Xunta aproba presupostos, cumpre coas obrigas e xestiona e impulsa medidas en todos os ámbitos-.
Na mesma liña, remarcou que a campaña electoral detén a labor institucional pero non os problemas, as incertezas na nosa industria, a paralización de infraestruturas clave como o AVE, nin os efectos da inestabilidade e da parálise do Goberno que, como moito, os retén todo o que pode como fixo cos datos do paro no debate electoral.
No que respecta a Alcoa, dixo que os traballadores seguen agardando por unha solución mentres a situación empeora. Un problema, indicou, que non se pode aprazar máis. Así, o líder do PPdeG pediu “seriedade” e recordou que no pasado mes de abril Pedro Sánchez se comprometera a que despois eleccións se faría a proposta de control dos prezos da luz e que estamos no mes de novembro sen ter nada: “Galicia non pode permitirse perder esta fábrica, porque A Mariña estaría nunha situación de bloqueo e a provincia de Lugo tería o batacazo máis importante na súa industria en décadas”.



















A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.



