Ribadeo, 15 de novembro de 2019. O voceiro do Grupo Municipal Popular de Ribadeo, Daniel Vega, sinala que “o goberno galego destina cada ano máis de 237.000 euros ao Concello de Ribadeo para financiar o servizo de axuda no fogar a persoas dependentes”.
“Hai quen prefire obvialo, na súa obsesión permanente por agochar as achegas da Xunta; pero a realidade é que o servizo de axuda no fogar na modalidade de dependentes que ven de sacar a licitación o goberno local conta tamén con achegas da Xunta de Galicia, non só do Concello”, explica Vega. A este respecto, o voceiro popular recorda que “ante a tardanza inexplicable do señor Suárez por sacar a licitación o servizo, dende o Grupo Municipal do PP instamos ao goberno local do BNG durante o último pleno a facelo porque levaba máis dun ano de atraso”.
Vega incide en que “a Xunta de Galicia tamén achega axudas aos Concellos para o sostemento do servizo de axuda no fogar na modalidade de dependencia”. De feito, “a colaboración económica do Goberno galego é decisiva, pola súa contía e importancia, para o sostemento deste servizo”, engade o voceiro. Así mesmo, apunta que “a cantidade pode ser aínda maior, porque varía en función do número de persoas beneficiadas do servizo, é dicir, das altas e baixas de usuarios que se rexistran cada trimestre”.
Para o popular o apoio do goberno galego é unha mostra máis de colaboración por parte da administración autonómica coa entidade local ribadense e, polo tanto, cos veciños e veciñas de Ribadeo. “O goberno galego aposta por Ribadeo e colabora sufragando distintos servizos en beneficio de tódolos ribadenses. Neste caso, achega fondos que axudan a manter a importantísima atención e coidado, nos seus propios fogares, das persoas maiores en situación de dependencia que o precisan”, asegura.





















O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.