Ribadeo, 12 de decembro de 2019. O alcalde, Fernando Suárez, fai un balance moi positivo dos traballos de arranxo realizados nos camiños de seis parroquias costeiras no segundo semestre deste ano 2019. Leváronse a cabo actuacións na Devesa, Vilaframil, Rinlo, Piñeira, Vilaselán e Ove. O rexedor subliña que nuns casos os investimentos procederon de fondos propios municipais e noutros fixéronse a través do Plan Único da Deputación. A inversión total ascendeu a máis de 280.000 euros. Fernando Suárez visitou algunhas das zonas acompañado do concelleiro de Medio Rural, Jesús Mundiña.
O alcalde dixo que “imos vendo estes días o resultado deste magnífico traballo que viñemos desenvolvendo, nesta segunda parte do ano 2019, nas parroquias costeiras do noso concello. Fomos cumprindo a palabra dada de facer estas obras despois das eleccións municipais e fomos traballando a cabalo de dous gobernos municipais, con compañeiros de goberno distintos, primeiro con Vicente Castro do goberno da Corporación anterior, a agora con Suso Mundiña desta Corporación, os dous levando a área de Medio Rural”.
O rexedor contou que “fomos paseniñamente actuando e agora podemos ir dando conta, con toda humildade pero con toda potencia, de ver unha chea de quilómetros arranxados con aglomerado asfáltico, con pintura polas veiras, con nova sinalización e con outras melloras, para ir facendo das nosas estradas municipais un lugar máis seguro para desenvolver o día a día das persoas que viven ou que traballan no rural”.
Suárez Barcia explicou que “na costa fomos actuando na Devesa, en Vilagoíz, en Meirengos, no Zopetal; en Vilaframil, no campo de San Lourenzo; en Rinlo, no campo de María Méndez; en Piñeira, actuamos en Dompiñor, no Barreiro e en Folgosa; en Vilaselán, actuamos no Circo; e en Ove, actuamos en Pastoriza”.
O alcalde de Ribadeo engadiu que “moitas destas obras foron sufragadas con fondos municipais integramente, e outras co Plan Único entre a Deputación e o Concello de Ribadeo, unha verdadeira marabilla da que deberan tomar nota outras administracións moi rácanas moitas veces con Ribadeo. Estas seis parroquias costeiras levaron unha inversión global de máis de 280.000 euros e agora, con todo isto rematado, estamos afanados na outra parte do concello, concretamente nas parroquias do interior, e contamos en breve recibir os traballos que aínda a día de hoxe están en execución”.





















Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
En concreto, o sinistro ocorreu na N-634, en Vilaframil. Neste caso, un dos vehículos implicados envorcou e o único ocupante quedou atrapado, polo que necesitou axuda dos Bombeiros de Barreiros para poder saír do coche. Cando foi liberada, a persoa recibiu os primeiros coidados dun equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 desprazado no lugar dos feitos. En relación ao outro condutor implicado no accidente, cómpre destacar que tamén era o único ocupante, resultou ileso e estaba liberado e accesible.
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.



