O proxecto do Partido Popular ribadense continúa a medrar. Así o demostra a participación dunhas 160 persoas na cea anual que os populares celebraron na noite deste venres 17 de xaneiro no Hotel Voar. Entre os convidados aos que o voceiro, Daniel Vega, amosou o seu agradecemento pola asistencia, atopábase o coordinador do PP na comarca, José Manuel Balseiro; o deputado provincial mariñán Javier Castiñeira; o senador José Manuel Barreiro e o deputado no Congreso e vicesecretario de Participación do Partido Popular, Jaime De Olano.





















No evento participarán todas as seccións da escola, que amosarán o traballo desenvolvido ao longo do ano. A entidade adianta tamén que está a ultimar os preparativos da XL Feira do Bonito, da que ofrecerá máis información proximamente.
Renova o seu compromiso co club despois de facerse cargo do equipo a mediados da campaña pasada. O técnico pontenovés afrontará este novo ciclo con traballo, compromiso e ilusión para seguir liderando a nave celeste.
O evento, organizado por O Arco da Vella coa colaboración do Concello de Barreiros e o CEIP San Miguel, contará coa participación dos grupos ACF Gamelas e Anduriñas de Espasante e O Arco da Vella de San Miguel de Reinante. Antes do festival haberá un pasarrúas con saída desde a Praza do Souto.
No acto acompañará ao autor o filólogo e escritor Ramón Reimunde.



