Ribadeo, 18 de xaneiro de 2020. A escritora Luz Pozo Garza foi nomeada hoxe filla predilecta de Ribadeo nun solemne acto que se desenvolveu no salón de plenos do Concello. Durante o mesmo soaron o Himno do Antigo Reino de Galicia, o Himno Galego e unha habanera interpretada pola Coral Polifónica. Ademais unha alumna do IES de Ribadeo Dionisio Gamallo deu lectura a un poema.
Interviñeron o alcalde, Fernando Suárez, para darlle a benvida a Luz Pozo, á Corporación Municipal e ás persoas que a arrouparon coa súa presenza no Concello. A concelleira de Cultura, Pilar Otero, foi a encargada de ler a laudatio á autora ribadense para posteriormente facerlle entrega do diploma que a acredita como filla predilecta de Ribadeo, dun ramo de flores e do pin de Ribadeo.
Otero Carbarcos na súa disertación subliñou que “eses poucos anos que Luz Pozo residiu en Ribadeo foron suficientes para ter ese sentimento de pertenza e apego pola nosa vila, como deixa ben claro cada vez que ten oportunidade e ao longo de toda a súa obra. Non queremos rematar esta laudatio sen destacar de Luz a súa permanente apertura ás novas xeracións e ás innovacións estéticas e mentais, plasmada na integración da xuventude nos seus proxectos creativos e na renovación constante da súa poética, xa desde o inicio da súa andanza literaria.Ela é a primeira escritora na nosa literatura galega que escribe de maneira directa un canto erótico de muller en primeira persoa, no libro O paxaro na boca (1952). Este poemario nace, en palabras da autora, grazas a Manuel María, o poeta da Terra Chá, outro dos grandes da nosa literatura, quen a animou a escribir en galego. Desde a publicación deste primeiro poemario no noso idioma, segundo a catedrática de Filoloxía Galego-portuguesa, Rosario Álvarez, Luz Pozo achega “unha poesía inzada de sensualidade profunda, na cal o amor, a inquedanza existencial, a patria, a liberdade e mesmo a morte se entrecruzan compondo textos de sublime autenticidade e madurez”.
A homenaxeada tomou a palabra a continuación: “agradezo de corazón a honra que vostedes me fan, con toda a Corporación Municipal, no momento de nomearme filla predilecta de Ribadeo, a miña terra natal, que medra comigo, vive comigo e morre comigo. Cada vez estou máis convencida de que a morte non existe, pasamos desta vida a outra. Quizás sexa mellor, eu penso que si, pero isto tampouco é nada malo”.
Luz Pozo lembrou que “vivo en Ribadeo durante 7 anos, nacín na núa de San Roque, nunha casa que era de dona Amadora de Importancia. O espectáculo daquel tempo era o fútbol. O domingo a dona da casa chamaba a miña nai e dicía: Luz baixa, vamos ver pasar a xente que vai para o fútbol. Iso era o espectáculo máximo no 1923 aproximadamente. Tamén recordo dese tempo na rúa de San Roque o día de Reis, os xoguetes, compartidos coa familia de Cancio, Adela e Reginita; entre eles había unha bicicleta que ao meu irmán, que tiña case 4 anos máis, volvíao tolo, pero Adelita non lla prestaba. Había tamén un cabaliño de madeira, ao que lle faltaba unha orella. Despois trasladámonos a Cantalarrana, á casa de campo de don Bonifacio Díaz. Había unhas lilas preciosas, que eu quería coller pero dicíanme que non podía porque eran de don Bonifacio, que entón para min era o rei das lilas. Había unha riachiaño que daba a volta por arredor da casa de Cantalarrana, era moi pequeniño e alí ía a nosa muchacha a lavar a roupa e levábame a min… En Ribadeo bautizáronme e confirmáronme, antes de marchar a Viveiro en 1930. Despois no 36 xa veu a guerra e tivemos que marchar, primeiro a Lugo e logo a Marruecos. E aquí estou hoxe con vós, estou sempre con vós. Quérovos”.
No acto celebrado hoxe no Concello de Ribadeo tamén participaron o cronista oficial, Eduardo Gutiérrez, o profesor Toni Deaño, así como un representante da Real Academia Galega. O encargado de pechar a sesión foi o alcalde, Fernando Suárez, que definiu a Luz Pozo como “unha persoa adiantada aos seus tempos, un faro nunha sociedade escura e moi hipócrita tamén”. O rexedor rematou o seu discurso sinalando que “temos a sensación de achármonos diante dunha vellez luminosa, unha vellez que quereriamos para nós mesmos e para os nosos. Luz, benvida de novo á túa casa”.









O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



