Santiago de Compostela, 2 de abiril 2020. A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón traslada por carta a Feixóo cinco propostas para loitar contra a crise do coronavirus para liderar unha “ saída socieconómica xusta” para o sector do mar.
Para o BNG, a Xunta e o goberno central deben actuar de maneira coordinada para garantir “unha saída xusta” e sentido, as cinco medidas do BNG reclaman: “Decretar o peche do marisqueo por causa de forza maior e con compensacións económicas, garantir a seguridade nos barcos, coa saída comercial do peixe descargado nas lonxas, demandar ao goberno central a rebaixa do umbral para acceder ás axudas por peche, porque o umbral do 75% deixará a moita xente fóra, poñer en marcha axudas para as confrarías co fin de garantir a súa actividade e finalmente, reclamar as modificacións necesarias para o uso dos fondos de Pesca da U.E”
O BNG atende as demandas do sector do mar
Tras a reunión, por videoconferencia con diferentes representantes do sector do mar, a nacionalista urxiu á Xunta a atender as súas demandas e decretar a suspensión provisional da actividade de marisqueo ocasionada por causa maior, derivada do estado de alarma por carecer de carácter esencial e primeira necesidade.
Até o de agora non nos consta, afirma Pontón, que desde a Xunta de Galiza, e en particular desde a Consellaría do Mar se teña decretado o peche destes sectores, como fixo o Principado de Asturias, nin formalizar ningunha solicitude dirixida ao Goberno español solicitando a súa paralización.
Consideramos polo tanto que é preciso que a Consellaría do Mar actúe e se coordine co Goberno español. “Declare a paralización temporal de todas aquelas actividades nos bancos marisqueiros, a pé, a flote e a mergullo, e as actividades que teñan como destino fundamental do produto o sector da restauración ou non teñan saída por falta de demanda”.
Por outra parte, Pontón salienta que resulta urxente adoptar as medidas necesarias para que as persoas afectadas poidan percibir axudas que lle permitan sobrevivir e garantir a plena salvagarda dos dereitos dos profesionais do mar de Galiza, ata que poida normalizarse a situación con plenas garantías.
As actividades extractivas nos bancos marisqueiros, a pé, a flote e a mergullo e as
actividades que teñan como destino fundamental do produto o sector da restauración, vense claramente afectadas e con falta demanda nas lonxas, de tal modo que o produto ten que ser devolto ao mar ou, no mellor dos supostos, e en casos excepcionais, malvendelo por ausencia de compradores ou limitacións da libre competencia.
Nestes momentos, non existe demanda por non tratarse dun produto de primeira necesidade e os compradores habituais( depuradoras, restauración…) non acoden á lonxa. As escasas vendas, recalca a nacionalista, fai “insostible a actividade dende un punto de vista socioeconómico”.
Pontón tamén aludiu as dificultades de poder realizar de, xeito seguro, a actividade extractiva, garantir as condicións de seguridade e saúde, toda vez que se realiza de maneira colectiva e a escasa distancia ( desprazamentos, puntos de control, clasificación, venda en lonxa…) e as reducidas dimensións de moitas embarcacións impiden garantir que os tripulantes poidan manter medidas de protección e seguridade. Existe polo tanto “grave risco de contaxio entre os profesionais e de transmisión aos seus núcleos familiares.
Rendas baixas e falta de remanente impiden a 6.600 persoas pagar a Seguridade Social
Só no marisqueo, tanto a pé como a flote, engade a portavoz do BNG, “hai máis de 6.600 persoas, cunhas rendas baixas, sen remanentes económicos, polo que lles é practicamente imposíbel, sen ingresos, afrontar pagos como as cotas á Seguridade Social e menos atender os gastos das súas necesidades básicas”.
O BNG pide implicación á Consellería do Mar e modificar o uso dos fondos de Pesca da U.E
A Consellería do Mar segue a manter as competencias para regular o sector e está lexitimada para establecer “vedas temporais ou zonais para determinadas especies e facer uso dos fondos autorizados”. Neste sentido, a portavoz do BNG reclama unha actuación urxente da Consellería do Mar de maneira coordinada co Goberno español para declarar “a paralización temporal de todas aquelas actividades nos bancos marisqueiros, a pé, a flote e a mergullo e insta a Xunta a adoptar estas medidas até a normalización da situación incluída a “demanda de fondos FEMP (Fondo Europeo Marítimo e da Pesca)” e modifica o seu uso.



















Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Trátase dun espazo seguro, educativo e dinámico, no que os máis pequenos poden comezar o día antes da entrada ás aulas. As solicitudes poden presentarse no Concello de Cervo ou na Casa da Cultura, e o servizo comezará o 9 de setembro. Cervo Madruga, un programa pensado para seguir apoiando ás familias do municipio.
Unha xornada de convivencia que comezará ás 11:30 h na Alameda, con misa de campaña, sesión vermú, comida, sorteo e festa ata as 19:00 h. A principal novidade é o menú con paella, sobremesa, bebida e café. Para participar é preciso vale: 7 € para persoas empadroadas e 10 € para non empadroadas e acompañantes, dispoñible nas oficinas municipais, onde tamén se pode solicitar transporte. Senllos concellos animan á veciñanza maior a sumarse a esta cita de encontro e recoñecemento.



