Lugo, 28 de xullo, 2020. A sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de galicia ven de ratificar a sentenza do xulgado do social Nº 3 de Lugo que decretou a condición de persoal laboral fixo dun operario do grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) de A Pontenova.
Despois de que o Concello recurrira a sentenza emitida polo xulgado do social Nº 3 de Lugo no pasado mes de Outubro de 2019, o TXSG desestima o recurso presentado polo Concello. O TSXG valida o criterio adoptado na sentenza do Xulgado Nº3 de Lugo, o cal determinou fraudulenta contratación deste traballador polo Concello de A Pontenova, ao cal se lle renova o contrato ano a ano desde o ano 2013. Segundo o TSXG, a fraudulenta contratación, a realización de funcións estructurais e o cumprimento dos principios constitucionais de igualdade, merito e capacidade no acceso á súa praza, tras superar un proceso público de selección para a súa contratación, convirte ao traballador en Persoal laboral Fixo do Concello de A Pontenova. Na mesma situación que este traballador están todos os operarios do GES de A Pontenova, habendo outro que está á espera do fallo do TSXG despois que o Xulgado do Social Nº 3 de Lugo tamén decretara no seu día a súa condición de Persoal Laboral fixo en base aos mesmos criterios.
Esta sentenza ven a manifestar a situación fraudulenta que os Concellos fan do persoal destes grupos de Emerxencias. Esta situación fraudulenta da contratación do perosal destes grupos de emerxencias, que se dá de forma prácticamente xeral en todos os concellos que disponen deste servizo, deriva dunha concepción irresponsable por parte das administracións implicadas, tanto Xunta, como deputacións provinciais, Fgamp e Concellos sede, posto que dunha banda o obxectivo da Xunta é dar unha suposta cobertura de servizos de emerxencias a zonas nas que non chegan os parques de Bombeiros, e por outra banda os concellos, co visto bó de deputacións e FGAMP, acollen estes grupos co obxectivo de poseer peóns baratos para a realización de todo tipo de labores, sendo para todas estas administracións o de menos que a poboación conte cuns servizos de emerxencias eficientes, profesionais e correctamente equipados.
Para a CIG, a regularización dos contratos fraudulentos debe de estar na axenda do Comité de Empresa do Concello que se conforme a partir do vindeiro venres, cando se celebran as Eleccións Sindicais do persoal Laboral do Concello de A Pontenova, e onde a CIG presenta candidatura por vez primeira, polo que de obter representación levará ao debate no seo do Comité de Empresa a situación tanto dos traballadores do GES coma do resto de traballadores e traballadoras do Concello que poideran ter os seus contratos en situación fraudulenta.
























A clasificación final quedou do seguinte xeito: en Sub-10, Los 5 FC proclamáronse campións, seguidos de Los Balones; en Sub-12, o primeiro posto foi para Aston Birra, seguido de Minavo de Kiev e The Blues Bananas; en Sub-15, o equipo Piti levou o título, seguido de PDC e Camoca; en Sub-17, PDC acadou o primeiro posto, por diante de Papa Cu Leti e Motototo; e na categoría Sénior, Motototo resultou gañador, seguido de Descansa e Texeira Lima. As medallas foron entregadas pola alcaldesa, Dolores García Caramés, acompañada polos concelleiros José Manuel Balseiro e Alfredo Fernández, que felicitaron a todos os participantes polo seu esforzo e deportividade.
As reservas poderán realizarse por teléfono, chamando ao 982 560 162, ou a través do correo electrónico cultura@viveiro.gal, en horario de 9:00 a 14:00 horas. Cada persoa poderá solicitar un máximo de catro entradas. Desde o Concello de Viveiro anímase á veciñanza a asistir a esta representación e lembra que as reservas se atenderán a partir da apertura do prazo.
A clasificación final situou a Braulio Gayoso (TM Luarca) como gañador, seguido de Eugenio Alonso (CD San Ciprián), e dun terceiro posto compartido por Carlos Ron (Atletic Génova TM) e Domingo Larriety (TM Luarca). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e destacou o éxito dun torneo que xa se consolidou como unha cita imprescindible do calendario deportivo estival. O Concello felicita aos gañadores, a todos os participantes polo alto nivel amosado durante a xornada e ao CD San Ciprián pola excelente organización dun evento que continúa reforzando o seu papel como referente do tenis de mesa no norte peninsular.
Durante o evento realizouse unha ofrenda aos mariñeiros falecidos e, seguidamente, tivo lugar a subida da imaxe da Virxe do Carme ata a Igrexa. Esta última xornada continuou cunha misa solemne, á que asistiron numerosos veciños e visitantes que se achegaron ata a localidade mariñá, seguida da procesión acompañada pola Banda Naval e de actuacións musicais. A programación completarase a partir das 17:00 horas con diferentes actividades para os máis cativos e cativas.
Estará dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, xa que neste 2026 cúmprese o centenario do nacemento de quen fora presidente do Goberno. No acto interviñeron o presidente do RCNR, Pablo Fernández, o director territorial de Deportes da Xunta, Manuel Otero, un dos fillos do tamén alcalde honorario de Ribadeo Víctor Calvo-Sotelo, e o rexedor ribadense, Dani Vega. Todos exaltaron a práctica deportiva na ría, a labor desenvolvida polo Real Club Náutico e a vinculación de Leopoldo Calvo-Sotelo co estuario. Entre o público asistente estaban máis membros da familia Calvo-Sotelo, directivos e ex directivos do RCNR, edís de Ribadeo e representantes de Acisa.
O grupo, composto por cinco mulleres e sete homes cunha media de 26 anos, foi recibido pola subdelegada do Goberno, Olimpia López, que lles agradeceu o compromiso co servizo público e destacou o papel esencial da Policía Nacional na seguridade cidadá. Oito axentes estarán na Comisaría de Lugo, dous en Monforte e dous en Viveiro. Ao finalizar as prácticas, escollerán destino definitivo segundo a puntuación obtida no proceso selectivo.
A Presidenta Carmela López destacou o valor deste produto emblemático da Mariña e o traballo do sector pesqueiro. Rocío Rivera e Herminia Pernas puxeron en valor a tradición mariñeira de Burela e o papel dos mariñeiros da Moncloa. O público degustou 450 tapas elaboradas con bonito nunha xornada que serviu de escaparate desta cita gastronómica e de convite a visitar Burela a próxima fin de semana.



