A Mariña, 13 de decembro, 2020. “Para o goberno central a pesca sempre é un tema secundario cando afecta a Galicia, por desgraza a negociación do Brexit non está sendo efectiva nesta actividade tan importante para a economía galega, non so nos caladoiros Europeos tamén afecta a Malvinas” manifestou o Secretario xeral Galeguista, Piñeiro Docampo.
É precisa unha ofensiva diplomática española para a defensa dos intereses pesqueiros da flota galega, xa non na UE, tamén na OTAN, diante do anuncio do uso de forza militares contra civís por parte dun dos socios da Alianza.
“Mentres Boris Johnson coacciona a negociación usando a forza naval, o goberno de España non di nada, e o que é peor non dá conta ao sector afectado, por elo entendemos que teñen que vir a Galicia, os dous Ministros afectados, a ofrecer seguridade, xa non ás empresa tamén aos mariñeiros que faenan nos caladoiros de GB” manifesta o Secretario Xeral de CxG.
O pouco peso de Pedro Sánchez na UE fai que o mellor aliado na defensa da pesca galega sexa o Presidente Macron socio do Partido Demócrata Europeo(do que CxG é parte) no Euro-Parlamento e no goberno de Francia , ao que CxG pedirá por carta, a través do PDE, que manteña a súa postura de non considerar a pesca como moeda de cambio, cuestión que parece si fan o PSOE e UP para preservar o turismo británico




















Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
En concreto, o sinistro ocorreu na N-634, en Vilaframil. Neste caso, un dos vehículos implicados envorcou e o único ocupante quedou atrapado, polo que necesitou axuda dos Bombeiros de Barreiros para poder saír do coche. Cando foi liberada, a persoa recibiu os primeiros coidados dun equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 desprazado no lugar dos feitos. En relación ao outro condutor implicado no accidente, cómpre destacar que tamén era o único ocupante, resultou ileso e estaba liberado e accesible.
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.



