Ribadeo, 4 de xaneiro de 2020. Os Reis Magos estarán en Ribadeo este martes, de cinco a sete da tarde no palco da música do parque de San Francisco. Debido ás circunstancias actuais, derivadas da pandemia do covid, non haberá cabalgata. As nenas e os nenos poderán ver aos Reis, pero non poderán falar con eles, xa que hai que manter a distancia de seguridade. Pero por primeira vez na historia as súas Melchor, Gaspar e Baltasar van ofrecer o seu discurso de xeito virtual para todas as nenas e nenos, que o poderán seguir a través do facebook do Concello de Ribadeo, despois do seu paso polo parque.
O alcalde ribadense, Fernando Suárez, dixo que “todo o mundo é sabedor das circunstancias actuais ás que nos temos que enfrontar por mor da pandemia do covid e sabemos tamén que o noso concello está tendo un problema importante de casos, que aínda que focalizado principalmente nun lugar concreto, o certo é que debemos esforzarnos ao máximo para que esta situación non se descontrole”.
O rexedor manifestou: “con todo, sabemos que os máis pequenos están desexando que veñan os Reis Magos de Oriente e desde o Concello queremos que isto siga sendo así, aínda que este ano vai ser doutro xeito. De feito, temos que subliñar a grandísima cantidade de cartas que os pícaros e pícaras de Ribadeo foron botando no buzón real, que foi colocado nestes días no Mercadiño do Nadal. Tamén nos consta que os Reis Magos recibiron as cartas e que foron contestando todas aquelas que tiñan os datos dos remitentes”.
Suárez Barcia subliñou que “a noticia hoxe é que os Reis Magos acaban de chamar ao Concello e deixaron o aviso de que mañá martes, 5 de xaneiro, os Reis Magos se van deixar ver, de cinco a sete da tarde, no parque de San Francisco. Estarán alí durante dúas horas aproximadamente para que os país e nais que queiran ir acompañados dos nenos e nenas, os poidan ver para que os máis pequenos queden convencidos de que este ano tamén veñen os Reis a Ribadeo. Evidentemente non van poder falar cos nenos porque hai que manter a distancia de seguridade. Para axudarnos en todo isto, os voluntarios de Protección Civil van estar orientando ao público, que se achegue alí, como deben proceder nesa visita tan fugaz”.
O alcalde engadiu que “despois desta breve aparición dos Reis Magos, todos os nenos e nenas deberán marchar para os seus fogares e dicirlles aos seus pais e nais que prendan o ordenador, a tablet ou o móbil e que busquen o facebook do Concello de Ribadeo, porque alí, por primeira vez na historia, os Reis Magos farán o seu discurso virtual para todos os nenos e nenas de Ribadeo, tanto da vila como das parroquias. Esta solución foi a que acordamos desde o Concello de Ribadeo, a comisión da cabalgata e os propios Reis Magos, como o mellor xeito de actuar con responsabilidade para que a pandemia non vaia a máis ao tempo que garantir que os Reis Magos fagan o seu traballo con seguridade e con eficacia”.




















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



