Lugo 5 de febreiro de 2021. A Rede Museística Provincial desenvolverá diferentes iniciativas para a dinamización das exposicións “Derivas” e “Mariñas, marosas e maruxainas” a través das redes sociais.
As propostas buscan dar un novo percorrido as mostras inauguradas o pasado mes de novembro no Museo de Lugo no marco do proxecto Amar a mar, convidando ao público a
Microrrelatos á deriva
A través desta proposta, convídase ao público a crear microrrelatos a partir das fotografías da exposición “Derivas”. Cada martes, proporase unha imaxe como punto de partida para os textos, que poden ser individuais, cunha extensión máxima de 280 caracteres, ou colectivos, de forma que a suma dos textos constrúa un único relato.
Os textos serán publicados nas redes sociais da Rede Museística Provincial e integrados na visita virutal á exposición, accesible na web comunidadermpl.com
Mulleres ao salseiro
A proposta ten como punto de partida a exposición “Mariñas, marosas e maruxainas”, que incide no papel das mulleres na configuración material e cultural da comarca da Mariña a través de 16 retratos femininos, un por cada concello. O vindeiro sábado 13 de febreiro porase en marcha un ciclo de coloquios en liña coa participación das protagonistas da exposición, a partir das 19.00 horas.
Sons do nordés
A Rede Museística tamén convida ao público a poñer banda sonora as mostras fotográficas, enviando suxerencias musicais ao correo electrónico comunidadermpl@gmail.com.
Obradoiro de fotografía en aberto
Nachok ofrecerá un obradoiro de fotografía en liña, en directo e en aberto a través de facebook da Rede Museística Provincial. Serán oito sesións de 45 minutos, os sábados 6, 13, 20 e 27 de febreiro e 6, 13, 20 e 27 de marzo, ás 12:00 horas. O artista abordará diferentes aspectos relacionados coa creatividade, a linguaxe e a técnica fotográfica.






















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



