Santiago de Compostela, 4 de Decembro 2021. Na comparecencia ante os medios de comunicación para presentar a posición do BNG ante a proposición de lei do PP para recuperación de terras agrarias, a portavoz en materia de montes, María Albert afirmou que a lei forma parte da “ofensiva lexislativa e normativizadora do PP no medio rural” e busca deixar o terreos “á disposición das grandes multinacionais do sector, ENCE para o eucalipto e Finsa para o piñeiro”.
Acompañada do deputado e portavoz de Agricultura do BNG, Xosé Luís Rivas, que cualificou a Lei como “pantalla” do PP para agochar outros intereses, María Albert destacou que o Plan Forestal, a reforma da Lei de Montes en Man Común, a Lei de Incendios e a modificación da Lei de Montes inscrita á lei de acompañamento dos orzamentos galegos, son normas que buscan “sentar as bases” para beneficiar ás grandes multinacionais.
O PP, dixo, quere controlar o monte a terra rústica e a terra agraria útil para pasar de “prohibir” o eucalipto nalgunhas zonas a “recomendar” que non se plante esta especie. De aí, que a Xunta pretenda parar o Nitens que substitúe ás plantacións de coníferas para a venda no exterior, mercado, afirmou, que non “interesa nin a Finsa nin a ENCE”.
Neste contexto, engadiu, aparece, o proxecto tractor VISCOSA, derivado da celulosa que nos obrigaría a movernos no mesmo marco actual e aprobado o Plan Forestal e publicados os 38 novos modelos silvícolas, resulta evidente que o PP quere “privatizar a xestión do monte” en man común obrigándo ás parcelas inferiores a 15 hectáreas a dispor dun instrumento de ordenación ou xestión forestal dos que os produtores carecen e os conduce a participar en polígonos agroforestais ou ceder a súas terras.
Albert recalcou que a proposición de lei do PP está máis pensada para o forestal que para a recuperación da terra agrogandeira en xeral.
A lei do PP confirma o abandono do medio rural
Pola súa parte, o portavoz de Agricultura do BNG, Xosé Luís Rivas asegurou que lei evidencia “o abandono” do medio rural que tantas veces denunciou o BNG e o PP negou durante 12 anos.
“Ésta lei non vai en serio”, non pretende recuperar a terra agrícola, a terra agraria e agropecuaria, esta e unha Lei “pantalla” que quere agochar outros intereses, recalcou.
Para o nacionalista a proposición de lei debería ser unha lei de goberno e non dun grupo parlamentario, debería pasar polo Consello Económico Social e someterse a “un amplo debate” social e cos sectores implicados.
A lei non conta con memoria económica e deixa a mobilidade de terras ao “voluntarismo” e por outra banda, fai pivotar toda a responsabilidade sobre un ente, AGADER, que non está dotado para estes labores. Na nosa lei do Banco de Terras, lembrou Mini, as hectáreas tiñan vocación “agropecuaria” non como nesta lei que carga as tintas nas terras “agroforestais”.
Xosé Luís Rivas (Mini) denunciou que o medio rural continua padecendo “un grande castigo” como a proliferación de eólicos ou bioxestores do purín ao que hai que sumar futuras plantacións de viscosa. Esta lei “nin prioriza nin adapta o modelo que o país nos suxire, unha realidade minifundista”.
O deputado anunciou que o BNG proporá incluír na lei: unha “diagnóse real do medio rural acompañada dunha memoria económica porque dende o ano 2012 levamos perdidas máis de 60.000 hectáreas de terra produtiva. A terra de labradío cultivado protexe as persoas, aos animais e os bens contra os lunes.
Para o nacionalista, a lei debe priorizar as superficies de alto rendemento agropecuario, cun “33% como mínimo”; polígonos forestais e agrarios cunha superficie do 55% e non do 70%, frear a forestación de terras agrarias, parar a incautación dos montes veciñais e propoñer ao goberno do Estado modificar a normativa sobre o imposto de sociedades ás comunidades de montes. Urxe iniciar os trámites para que o “catrasto sexa galego” e que a lei conte con participación social e os axentes implicados, conclíu





















Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
En concreto, o sinistro ocorreu na N-634, en Vilaframil. Neste caso, un dos vehículos implicados envorcou e o único ocupante quedou atrapado, polo que necesitou axuda dos Bombeiros de Barreiros para poder saír do coche. Cando foi liberada, a persoa recibiu os primeiros coidados dun equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 desprazado no lugar dos feitos. En relación ao outro condutor implicado no accidente, cómpre destacar que tamén era o único ocupante, resultou ileso e estaba liberado e accesible.
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.



