Ribadeo, 30 de xuño de 2021. O Concello de Ribadeo contratou a 35 persoas para a campaña de verán para socorrismo e atención sanitaria nas praias, información turística, limpeza urbana e de praias e extinción de incendios. O investimento ascende a 180.000 euros e o alcalde, Fernando Suárez, subliñou que “este esforzo económico está ben empregado para seguir facendo de Ribadeo un lugar acolledor, limpo e seguro”.
O rexedor manifestou que “temos todo preparado para iniciar unha campaña de verán ilusionante, como todas as que levamos feito, pero desta volta con toda a ambición e con toda a intención de que vaia indo todo ben. Sabemos que a situación sanitaria non é mala e, aínda cos grandes eventos de masas cancelados, imos seguir recibindo moita xente este verán”.
Suárez Barcia dixo: “sabemos que o sector servizos o está a facer moi ben. Está habendo moitas reservas e respírase un ambiente de optimismo contido e desde o Concello estamos poñendo tamén todo da nosa parte para ter un verán ordenado, limpo e seguro, diría eu”.
O alcalde explicou que “logo de varios procesos selectivos, foron contratados un número importante de persoas para desempeñar as tarefas estivais de socorrismo, de atención sanitaria, de información turística, de reforzo de limpeza urbana, de praias tamén, así como o reforzo de persoal para extinción de incendios. Temos para iso 35 prazas, que é a suma dos 13 socorristas dado que quedaron prazas vacantes en socorrismo, 3 técnicos sanitarios, 7 informadores turísticos, 9 operarios de medio ambiente e 3 operarios de motobomba”.
Fernando Suárez subliñou que “todo isto ten un custo enorme duns 180.000 euros, que na súa grande maioría acabamos asumindo de fondos propios, dado que as achegas da Xunta xa son realmente cativas de inicio e logo aínda acaban sendo menores polos enormes requisitos que piden, como por exemplo estar en desemprego, etc… Con todo, este esforzo económico está moi ben empregado para seguir facendo de Ribadeo un lugar acolledor, limpo e seguro”.
O alcalde e os concelleiros de Medio Ambiente e Turismo, Jorge Díaz e Pablo Vizoso, déronlle a benvida ao novo persoal este mediodía na Casa do Concello.
























En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
Os deslizadores acuáticos enchen de diversión a praia dos Bloques. Onte, martes, estiveron operativos pola tarde e hoxe, mañá e o venres estarán dispoñibles de 11:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:30 horas. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, anima á rapazada “a achegarse á praia dos Bloques a gozar das actividades de verán que deseñamos desde o Concello. Hóuboas para todos os gustos e idades tanto na pista multideporte como na praia dos Bloques. Agardamos que disfruten estes días cos deslizadores acuáticos, xogando e pasando un mes de agosto o máis divertido posible”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



