Burela, 18 de xuño de 2021. O Concello rematou hoxe o proceso de selección de 2 socorristas con cargo ao Plan Único da Deputación. Burela precisa contar con 10 profesionais para atender os seus areais e o alcalde, Alfredo Llano, critica que a estas alturas a Xunta de Galicia aínda non informase aos Concellos sobre o número de socorristas que lles subvencionará polo que será imposible que o 1 de xullo comecen a traballar.
O rexedor declarou que “rematamos no Concello de Burela o proceso de selección de socorristas que nosoutros tíñamos xa marcados no Plan Único porque consideramos que é unha boa fórmula para completar os socorristas que nos fan falta en Burela. De momento contratamos a dous, pero estamos agardando a que a Xunta saque as súas prazas dunha vez para seguir o proceso de selección e poder abrir o día 1 de xullo”.
Alfredo Llano dixo: “hai que ter en conta que nosoutros tratamos de adaptarnos ás esixencias das bandeiras azuis e da xente para ter unhas praias cubertas con toda a seguridade e ben preparadas para que teñan todos os servizos completos e ter os socorristas xa traballando a partir do 1 de xullo. Pero este ano é imposible dado que a Xunta aínda non sacou o número de prazas que nos vai conceder a cada Concello e iso contradí a filosofía de ter unha calidade turística cando realmente non se pode levar adiante polos retrasos sistemáticos que se están facendo ultimamente. Polo menos ata a semana que ven non van saír publicadas, o cal quere dicir que nunha semana e pouco non podemos facer a selección con todas as garantías, ou sexa que xa o día 1 de xullo non imos ter ese servizo ao cen por cen”.
Para o alcalde burelés: “é unha pena porque xa o reiteramos todos os anos, pedímolo e solicitámolo que se adianten e que se faga todo este proceso con prontitude. Isto trae unhas consecuencias: imos pasalo mal para conseguir en tempo e forma, o antes posible, ese servizo de ter os socorristas nas praias para gardar a seguridade. A través do Plan Único xa temos polo menos dúas persoas que se van poñer inmediatamente á labor, pero as necesidades de Burela son como mínimo dez socorristas e estamos agardando a ver si a Xunta se decide a publicar cantos nos corresponden a cada Concello para poñernos o antes posible mans á obra”.























O curso, impulsado polo Principado de Asturias, desenvolverase en modalidade semipresencial con sete sesións presenciais na Sala El Pajar de As Quintas (A Caridá), en horario de 16:00 a 19:00 horas. A formación é de nivel básico e está aberta tanto a persoas sen experiencia previa como a quen queira iniciarse na fala. As inscricións poden realizarse a través da plataforma da Federación Asturiana de Concejos. O Concello destaca que esta iniciativa contribúe á preservación do patrimonio lingüístico e cultural do territorio.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.



