Lugo, 16 de xuño de 2021. Os deputados lucenses no Parlamento de Galicia, Ramón Carballo e José Manuel Balseiro, queren poñer en valor as iniciativas de rehabilitación lideradas pola Xunta na provincia de Lugo. Con este obxecto, veñen de rexistrar unha pregunta no Parlamento de Galicia na que se interesan pola valoración que fai o Goberno galego do funcionamento das áreas de rehabilitación integrais lucenses (ARIs) e por coñecer os beneficios concretos que obterán os veciños que se acollan ás axudas previstas.
Coa recente incorporación de Castro de Rei son xa 13 os municipios lucenses que contan con algunha área de rehabilitación, en concreto, os municipios de Chantada, Lourenzá, Mondoñedo, Monforte de Lemos, Quiroga, Sarria, Sober, Ribadeo, Vilalba, Viveiro, Lugo e a ARI de Guitiriz, declarada o pasado mes de novembro para os núcleos do Buriz e Os Vilares.
A este listado hai que sumar ás áreas de rehabilitación supramunicipais, de xestión directa da Xunta, entre as que atopamos a ARI do Camiño, que incorpora as parroquias dos concellos polos que discorre o Camiño de Santiago e a ARI de Ribeira Sacra, específica para 25 municipios emprazados nesta zona que comparten as provincias de Lugo e de Ourense.
Segundo o emprazamento e ámbito de influencia, poden afectar a cascos históricos de vilas ou cidades, a barrios e a espazos rurais singulares. En calquera caso, “os veciños poden solicitar axudas para a rehabilitación das súas vivendas. E os Concellos tamén poden recibir axudas para financiar actuacións de rexeneración dos espazos públicos comúns; así como para o financiamento das oficinas municipais de rehabilitación, encargadas de tramitar as solicitudes e dar información sobre as axudas”, sinalan os deputados.
Conservación e mellora de vivendas para evitar o despoboamento
O obxectivo final destes programas é a recuperación de conxuntos históricos ou rurais especialmente degradados, desde o punto de vista arquitectónico e social. “Unha paisaxe coidada e atractiva incentiva comportamentos de respecto polo entorno, mentres que un espazo visualmente deteriorado induce a actitudes agresivas e pouco respectuosas e desanima á realización de novas construcións de calidade”.
Ademais, a conservación e mellora das vivendas nestes ámbitos “axudan a manter un mellor equilibrio no reparto da poboación no territorio evitando o abandono e o despoboamento destas zonas, especialmente no rural, e facilitando o mantemento de actividades económicas e de servizos que doutra forma están abocados a desaparecer”, segundo defenderon Balseiro e Carballo.
“Recuperar a convivencia dos distintos usos que se dan no espazo público e recuperar o valor do contorno mediante actuacións de acondicionamento de vivendas, permite valorizar o conxunto do patrimonio. Todos queren vivir en espazos máis fermosos e acolledores”, engadiron.
Outros programas de rehabilitación
Ademais das ARI, na actualidade a Xunta impulsa o Programa Rexurbe en 4 localidades lucense -Lugo, Mondoñedo, Vilalba, Viveiro- de tal xeito que somos a provincia galega que conta con máis municipios beneficiarios destes apoios.
A Xunta financia a parte fundamental destas actuacións, coa colaboración de recursos estatais e dos propios concellos que son os encargados de tramitar as axudas a través das oficinas de rehabilitación.
“Aínda que os importes varían, en función da ARI da que se trate, veciños e veciñas poderán beneficiarse de achegas de ata 24.000 euros para rehabilitar as súas vivendas”. Os deputados lembran que “ata o momento os máis beneficiados son vivendas unifamiliares, pero tamén poden verse beneficiados edificios colectivos”.
Investimento de 26 millóns de euros no barrio da Tinería
Os deputados escolleron como lugar para presentar a súa iniciativa o barrio lucense da Tinería, onde a Xunta está a facer un dos maiores esforzos en materia de rehabilitación de vivendas e espazos urbanos. De feito, os 40 edificios rehabilitados e o preto dun cento vivendas adxudicadas nos últimos 12 anos, superan un investimento de 26 millóns de euros en tarefas de rehabilitación na Tinería.
A este proceso de recuperación hai que sumar a posta en valor de edificios singulares como a Casa da Torre e do Pazo de Doña Urraca, cuxos proxectos avanzan en firme, e tamén a propia área Rexurbe que permite a propietarios de edificios en mal estado vendelos á Xunta que os rehabilita e transforma como vivendas sociais.
“A rehabilitación é o máis difícil, xa que o fácil sería poñer ferros e formigón. Pero merece a pena o complicado porque o fácil xa se fai en todos os sitios”, sinalaron os deputados.





















Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
En concreto, o sinistro ocorreu na N-634, en Vilaframil. Neste caso, un dos vehículos implicados envorcou e o único ocupante quedou atrapado, polo que necesitou axuda dos Bombeiros de Barreiros para poder saír do coche. Cando foi liberada, a persoa recibiu os primeiros coidados dun equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 desprazado no lugar dos feitos. En relación ao outro condutor implicado no accidente, cómpre destacar que tamén era o único ocupante, resultou ileso e estaba liberado e accesible.
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.



