Foz, 5 de agosto de 2021. O Concello de Foz, en colaboración coa asociación O Noso Foz, organiza dende o día 6 de agosto e ata o 10 diversos actos para celebrar San Lourenzo nun ano complicado no que as actividades organizadas deben respectar os protocolos marcados pola Xunta de Galicia. O cartel foi presentado pola concelleira de Cultura, Inés López Couto, e Ángel Fernández Neira, de O Noso Foz.
Os pequenos eventos comezarán este venres coa inauguración da exposición de Otero Regal no CENIMA e a presentación do libro Auxías, de Paco Rivas, ás 20 horas para ás 21 horas continuar na Praza Rosalía de Castro co pregón e a actuación de Sons Varadero.
O sábado a actividade continuará con actuacións ás 13 horas na praza Conde de Fontao co grupo Atlántica e na praia da Rapadoira co grupo Los Rubios. Ás 20 horas o teatro de títeres chegará a Conde de Fontao con Circo Galaico e ás 22 horas o grupo Nostalgia amenizará a noite.
O domingo 8 o mago Antón encherá de maxia Foz, dende as 12 e ata as 22 horas na praza Conde de Fontao, onde a partir das 13 horas haberá concerto de Mr. Hathawai e na Rapadoira con La Otra Onda. Ás 22 horas en Conde de Fontao de novo estará La Disquetera.
O luns 9 na avenida da Mariña a partir das 12 horas estará Mia Disko e ás 22 horas en Conde de Fontao Dos punto com.
O martes 10, día de San Lourenzo, haberá concerto de El Nahual na praia da Rapadoira ás 13 horas e da banda A Rebolaxe en Conde de Fontao. Ás 20 horas no polideportivo do Campo da Cabana a Banda de Música de Foz ofrecerá o seu tradicional concerto, para pechar o día ás 22 horas en Conde de Fontao con Whicked World.
Ángel Fernández Neira, de O Noso Foz, e o alcalde, Fran Cajoto, desexan a veciños e visitantes que “desfruten destes días e que a responsabilidade vaia da man do descanso destes días de agosto en Foz”.






















Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.



