Ribadeo, 1 de outubro de 2021. A Concellaría de Cultura ven de presentar a XVIII edición da Mostra de Teatro Afeccionado Daniel Cortezón, que se celebrará desde hoxe e ata o domingo, 3 de outubro, no Auditorio Municipal. Na cita participan tres compañías, dúas da Mariña e unha de Corcubión. As representacións darán comezo ás 20:30 horas e o prezo da entrada será de 3 euros.
A concelleira de Cultura, Pilar Otero, dixo: “presentamos hoxe a XVIII edición da Mostra de Teatro Afeccionado Daniel Cortezón e agradecemos a Mati, compañeira de vida do autor do que colle o nome, que nos acompañe. Aínda que polo ano adiante o teatro amador forma parte da programación, queremos seguir mantendo esta cita do outono como xeito de garantir a presenza dunhas propostas que son importantes desde o punto de vista artístico mais tamén social, todos sabemos de todo o dinamismo que crean arredor de si os grupos de teatro afeccionado”.
A edil ribadense explicou que “desta vez temos dúas compañías da Mariña e unha de Corcubión e o escenario ao que se subirán vai ser o Auditorio Municipal, queremos subliñar isto porque case a totalidade das outras edicións foron no antigo cine mais esta vez van ser no Auditorio Municipal. As funcións serán esta fin de semana, ás oito e media e o prezo da entrada é de 3 euros”.
Pilar Otero contou que “comezamos hoxe, venres, co grupo de Vilaronte (Foz), Axóuxeres, é unha función de hora e media de duración. Representan a obra Cousas de Mulleres que conta a historia de tres persoas cos seus problemas loitando contra o mundo e ata consigo mesmas, ás que o destino une por unha casualidade e que sen pretendelo acaban converténdose en grandes amigas. Esta obra busca elevar os ánimos con humor xa que a unión fai a forza e non hai problema que non teña solución”.
A concelleira de Cultura seguiu a relatar que “o sábado O Torques de Burela recrea as peripecias dun vagabundo O Randiña, no seu afán de evitar que se lle arrebate o único lugar que considera o seu fogar, un banco de praza. Este singular personaxe fará fronte á indiferenza, ao abuso e á marxinación tendo como única arma o seu enxeño e astucia, logrando sortear cada situación que se lle presente para saír ben librado. Esta obra convídanos a facer unha análise da nosa vida e do noso papel na sociedade desde unha perspectiva diferente, e dura uns sesenta minutos”.
Otero Cabarcos engadiu: “rematará a mostra o domingo co grupo Farándula Velutina de Corcubión que representa A derradeira bala. Esta obra está dirixida polo seu autor, Fernando Castro Paredes, natural de Tapia, levou o premio do I Certame de Textos Teatrais Roberto Vidal Bolaño 2018 e foi publicada pola editorial Galaxia. A obra conta como Luciano é descuberto intentando desertar da guerra e, despois de ser xulgado polos seus superiores, é condenado a morte. A mañá seguinte será fusilado coa última bala que garda o pelotón mais o amor pola música de Luciano e as súas ansias de liberdade farán que a cousa se complique un chisco polo camiño. Botando man da traxicomedia, o autor tece esta obra cuns diálogos áxiles marcados pola retranca e ironía. Esta obra pon de relevo o absurdo da guerra a través do propio absurdo e axúdanos a ver como as veces nos agarramos a ideas sen sentido. Unha obra conmovedora que nos enfronta a emprender un novo camiño e que de seguro non nos deixará impasibles”.






















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
Ocorreu pasadas as 15:30 horas. Un traballador tivo que ser evacuado ao hospital logo de caerlle o tronco dunha árbore enriba mentres realizaba tarefas no monte en Cervo. Aínda que estaba liberado e consciente, precisaba asistencia sanitaria. Os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 trasladárono finalmente ao Hospital de Burela. Neste operativo tamén participaron a Garda Civil e a Policía Local de Cervo.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



