
Foto de arquivo
Mondoñedo, 25 de novembro, 2021. Lupe Gómez Arto (Curtis,1972) álzase como gañadora da X edición do Certame de Poesía Manuel Leiras Pulpeiro, premio convocado polo Concello de Mondoñedo. Unha edición marcada polo gran número de participación de obras, preto de 100 orixinais recibidos. O traballo presentado pola gañadora, que obterá un premio de 1500 €, placa e diploma, ten por título Muiñeira da Pinguela.
O xurado destacou nos versos de Lupe Gómez a súa capacidade evocadora, que nos traslada ao mundo da infancia e aos eidos familiares da memoria, cunha moi hábil alternancia do poema versal e o poema en prosa e a integración na escrita propia de diversas voces literarias citadas e homenaxeadas.
O segundo premio, dotado con 600 €, placa e diploma, recaeu na obra titulada O mapa do pintor da que é autor Xurxo Alonso García (Buenos Aires, 1956), residente en Vilagarcía de Arousa.
O xurado salientou na súa proposta poética a forza das imaxes coa que se ganduxan estes versos así como a súa impecable dicción, que asenta no verso longo, case versicular, e nun celmoso rexistro lexical culto que envolve toda a escrita.
Miriam Ferradáns Ferradás (Bueu, 1982) acadou o 3º premio, dotado con 300 €, placa e diploma, coa obra presentada baixo o rótulo Os amantes.
O xurado salientou na súa escrita a forza das relacións sentimentais que espella, esmaltadas de sintagmas e imaxes ben orixinais, nas que a voz lírica se erixe en cronista dunha intensa historia de amor no escenario dun pasado feliz que se rememora dende un presente de orfandade.
A entrega do premio terá lugar o xoves, 23 de decembro segundo o seguinte programa:
12.30 horas; Recepción oficial no Cemiterio Vello e Ofrenda Floral ante a tumba do poeta.
13.00 horas; Entrega de Premios no Salón de Plenos do Concello.
Manteranse as normas aprobadas polas autoridades en canto ao aforo e medidas sanitarias en relación coa situación actual de pandemia provocada pola COVID-19.
























Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
En concreto, o sinistro ocorreu na N-634, en Vilaframil. Neste caso, un dos vehículos implicados envorcou e o único ocupante quedou atrapado, polo que necesitou axuda dos Bombeiros de Barreiros para poder saír do coche. Cando foi liberada, a persoa recibiu os primeiros coidados dun equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 desprazado no lugar dos feitos. En relación ao outro condutor implicado no accidente, cómpre destacar que tamén era o único ocupante, resultou ileso e estaba liberado e accesible.
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.



