Santiago, 2 de decembro de 2021. O Parlamento galego insistiu hoxe por unanimidade, a través dunha proposición non de lei do Grupo Popular, na necesidade que a Xunta siga liderando o proceso de defensa da designación do topónimo Ría de Ribadeo, presentando o recurso correspondente contra a resolución do Instituto Xeográfico Nacional que establece o mesmo nivel de oficialidade ao topónimo Ría do Eo, contradicindo o principio da ONU de topónimo único de obrigado cumprimento para España.
O deputado popular Daniel Vega manifestou que, “ademais dun sentimento, defendemos o topónimo de Ría de Ribadeo baseado en informes técnicos”, como o elaborado en 2006 pola Comisión de Toponimia de Galicia, que agora se volveu a remitir completado con achegas documentais e filolóxicas do Seminario de Onomástica da Real Academia Galega, do Consello da Cultura e do grupo de investigación Análise Territorial da Universidade de Santiago.
“A denominación Ría de Ribadeo é a máis antiga para esta ría, ademais de ser a xeral na cartografía de todos os tempos, desde o século XVI ata a actualidade”, explicou Daniel Vega. Así mesmo, apuntou que as rías “non reciben o nome dos ríos que lles achegan auga, senón daquela vila que antes ou mellor consolidou porto de mar”. “Se as rías levasen o nome dos ríos que nelas desembocan, na ría de Ribadeo fano catro: o Eo, o Suarón, o Monxardín e o Grande”, dixo.
EVITAR CAMBIO INNECESARIO DE NOMES
Por último, o deputado popular afirmou que a propia Comisión de Expertos e Nomes Xeográficos da ONU, da que forman parte, en representación de España, membros do Instituto Xeográfico Nacional, manifesta que por normalización internacional dos nomes xeográficos enténdese a actividade encamiñada a lograr unha forma escrita única de cada nome xeográfico da terra, ao tempo que a primeira Conferencia das Nacións Unidas sobre a normalización dos nomes xeográficos recomendou que “se evite o cambio innecesario de nomes”.
“Por todo isto, desde o PPdeG reiteramos que Ría de Ribadeo debe ser a única denominación oficial, para o que a Xunta debe insistir en todos os estamentos estatais e internacionais competentes para que se manteña este topónimo en exclusiva nos documentos e cartografía onde xa figura actualmente ou a substitución do topónimo Ría do Eo polo de Ría de Ribadeo naqueles que optaron por esta denominación”, demandou Daniel Vega.






















A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.



