Lugo, 26 de xaneiro de 2022. A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, celebrou hoxe o avance dado polo Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana ao proxecto de construción da Autovía da Mariña (A-74). A subdelegada destacou que “o Ministerio cumpre coa Mariña e, tal como anunciara a semana pasada a ministra Raquel Sánchez vén de sacar a información pública o proxecto de trazado da Autovía da Mariña no treito Burela-Foz”.
Isabel Rodríguez destacou que “hoxe temos una nova boa noticia para a Mariña que demostra o firme compromiso do Goberno coa comarca e con esta provincia”.
Rodríguez lembrou que “onte asistimos á presentación de dous proxectos de importancia para a Mariña que contan con financiamento do Goberno como son as balizas instaladas pola DXT na A-8 e o Plan de Sostibilidade Turística” e “hoxe temos temos que felicitarnos polo avance nun proxecto, que supón unha prioridade para o Goberno e que está chamado a mellorar as comunicacións da comarca”.
A subdelegada informou de que, tal como informara a Ministra de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, o Boletín Oficial do Estado publica hoxe o anuncio polo que se aproba provisionalmente e se somete a información pública o proxecto de trazado da Autovía A-74, de A Mariña, no treito Burela-Foz. A documentación do proxecto estará exposta ao público nos concellos de Foz, Burela e Cervo, na Unidade de Estradas do estado en Lugo e na Demarcación de Estradas do Estado en Galicia, na Coruña. Ademais, a documentación do proxecto está dispoñible na sede electrónica do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana (https://www.mitma.es/el-ministerio/buscador-participacion-publica).






















O curso, impulsado polo Principado de Asturias, desenvolverase en modalidade semipresencial con sete sesións presenciais na Sala El Pajar de As Quintas (A Caridá), en horario de 16:00 a 19:00 horas. A formación é de nivel básico e está aberta tanto a persoas sen experiencia previa como a quen queira iniciarse na fala. As inscricións poden realizarse a través da plataforma da Federación Asturiana de Concejos. O Concello destaca que esta iniciativa contribúe á preservación do patrimonio lingüístico e cultural do territorio.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.



