Burela, 21 de febreiro de 2022. A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, vén de executar obras de mellora de infraestruturas no porto de Burela, ás que destinou un orzamento global de preto de 120.000 euros.
A presidenta de Portos de Galicia, Susana Lenguas, e o delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, comprobaron o resultado das actuacións executadas, entre as que destacan a instalación de novos brazos de amarre de embarcacións nos pantaláns 2 e 4, coa finalidade de reforzar a seguridade e as condicións de traballo dos usuarios.
Tamén se acometeu o reforzo do firme na zona de manobras de carga e descarga de mercadorías do peirao comercial, mediante o fresado do pavimento deteriorado e a posterior extensión dunha nova capa de rodaxe con aglomerado asfáltico en quente. A actuación incluíu a regularización das pendentes para a evacuación de augas pluviais.
Así mesmo, o Goberno galego tamén renovou 24 portas exteriores dos almacéns dos departamentos do punto limpo tipo A do peirao burelés, que datan de 1964. En concreto, substituíronse as antigas portas de madeira por outras novas de aluminio.
A presidenta de Portos e o delegado territorial destacaron que a Xunta traballa para dotar de continuas melloras portuarias á comarca da Mariña co obxectivo de facilitar a actividade dos seus usuarios e de xerar emprego e riqueza na contorna.




















Ocorreu pasadas as 15:30 horas. Un traballador tivo que ser evacuado ao hospital logo de caerlle o tronco dunha árbore enriba mentres realizaba tarefas no monte en Cervo. Aínda que estaba liberado e consciente, precisaba asistencia sanitaria. Os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 trasladárono finalmente ao Hospital de Burela. Neste operativo tamén participaron a Garda Civil e a Policía Local de Cervo.
Subliñou o traballo colectivo, o papel do voluntariado e a participación de arredor de mil corredores. Tamén puxo en valor o impacto económico e social da proba e o apoio institucional que permite o seu crecemento, incluída a difusión en streaming que levou a CAMOVI e a Viveiro a todo o mundo.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.
Viveiro, 20 de abril, 2026. A proba volveu converter Viveiro nun punto destacado do deporte e da convivencia, ademais de supoñer un impulso económico para o municipio. María Loureiro destacou que a Camovi “é un exemplo de colaboración e esforzo colectivo, que sitúa Viveiro no mapa e dinamiza a economía local”. O Partido Socialista lembra o seu apoio histórico á carreira e reafirma o seu compromiso para seguir contribuíndo ao seu crecemento. O PSOE agradece tamén á veciñanza a súa acollida e implicación, fundamentais para que o evento continúe medrando ano tras ano.
Castro destacou o labor da Asociación e o potencial da tradición do ferro como motor económico, social e cultural para Riotorto, subliñando a importancia de impulsar iniciativas que garantan futuro para estes oficios. A Deputación de Lugo mantén unha colaboración estable coa entidade, cunha achega de 14.000 euros. No marco deste apoio, a Asociación avanzou na documentación dos oficios do ferro, catalogando ferramentas, técnicas e a historia das antigas “ferrerías de monte”.
O responsable provincial destacou "o traballo realizado pola organización ao longo destes anos para consolidar unha proba deportiva de primeiro nivel, que atrae tanto deportistas do máximo nivel competitivo como participación popular"



