Compostela, 24 de febreiro, 2022. A Consellería do Mar, a través da Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, apoiou con máis de 13 millóns de euros entre 2016 e 2021 distintas actuacións nos portos pesqueiros galegos para a modernización e mellora das infraestruturas vencelladas coa súa actividade así como a subministración de equipamentos e servizos para optimizar a comercialización dos produtos do mar nas lonxas e portos. En total puxéronse en marcha preto de 350 proxectos que contribuíron a mellorar a seguridade e as condicións de traballo dos profesionais do sector marítimo-pesqueiro así como a conservación do peixe e do marisco, a súa trazabilidade, a selección ou a etiquetaxe, entre outros avances.
Estes apoios, recollidos nun informe que analizou hoxe o Consello da Xunta, enmárcanse na estratexia de mellora constante dos portos pesqueiros, lugares de desembarque, lonxas e fondeadoiros da comunidade. As achegas permitiron o desenvolvemento de 294 proxectos ao abeiro do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP) -que financiou o 75% dos investimentos e o Executivo galego o 25% restante- e 54 realizados integramente con fondos propios da Xunta. Estas accións supuxeron un investimento total de máis de 11,7 millóns de euros no caso das cofinanciadas co FEMP e máis de 1,3 millóns nas actuacións desenvolvidas unicamente co financiamento da Administración autonómica.
Moitas destas iniciativas puxéronse en marcha grazas ás convocatorias de axudas que realiza anualmente a Consellería do Mar co obxectivo de mellorar a calidade e incrementar o control e a rastrexabilidade dos produtos desembarcados, aumentar a eficiencia enerxética, contribuír á protección do medio ambiente e mellorar a seguridade e as condicións de traballo dos pescadores.
Trátase de convocatorias vivas, que van sumando novos investimentos cada ano para adaptarse ás necesidades do sector, o que permitiu que desde 2021 sexan subvencionables novas actuacións en materia de eficiencia enerxética ou as que teñen como obxectivo mellorar a seguridade e as condicións de traballo das persoas pescadoras como consecuencia da crise sanitaria provocada pola covid-19.
Desde o ano pasado tamén se ampliaron os posibles beneficiarios pois ás confrarías de pescadoras engádense as organizacións de produtores de pesca, as cooperativas do sector, as asociacións profesionais de persoas mariscadoras a pé e as asociacións profesionais de redeiras.
En canto á tipoloxía das accións desenvolvidas cos fondos europeos, a maior parte -preto de 250- correspondéronse coa subministración de equipamentos e bens para mellorar as instalacións e a súa eficiencia, 34 para a dotación de servizos nas lonxas -fundamentalmente melloras na comercialización a través das distintas canles así como na emisión de documentos e nas xestións administrativas das lonxas e confrarías- e 14 relacionadas con obras para a modernización ou mellora das súas infraestruturas.
Mellores equipamentos
As achegas concedidas nos últimos exercicios para a mellora neste eido permitiron dotar as confrarías de novos equipamentos como sistemas de varada de embarcacións, guindastres, casetas desmontables para vestiarios das mariscadoras e mariscadores, colectores e equipamentos de limpeza para as lonxas ou produtores de xeo, entre outros. A maiores, tamén favoreceron actuacións en materia de eficiencia enerxética como a modernización dos sistemas de iluminación interiores dos edificios, o aforro enerxético das instalacións de frío ou o uso de enerxías renovables mediante a instalación de paneis solares fotovoltaicos.
O informe analizado polo Consello da Xunta recolle algunhas das actuacións máis importantes realizadas neste eido como a obra de mellora das condicións hixiénico-sanitarias e de ampliación para a creación dun espazo para visitantes da lonxa de Testal-Noia, cun investimento de preto de 584.000 euros; a mellora das instalacións de frío da lonxa de Cedeira, cun importe de máis de 500.000 euros; a compra dun túnel de lavado de caixas por 165.000 euros para a confraría de Camariñas ou a mellora da eficiencia enerxética nas instalacións de frío da lonxa de Muxía, cun investimento de case 75.000 euros.
O documento tamén aborda a convocatoria para 2022 de axudas a proxectos colectivos de modernización das infraestruturas dos portos pesqueiros, das lonxas e dos lugares de desembarque para a mellora da eficiencia enerxética, da protección do medio ambiente, da seguridade e das condicións de traballo e da calidade, control e rastrexabilidade dos produtos desembarcados da pesca. A orde, que saíu publicada no Diario Oficial de Galicia do 31 de xaneiro, conta cun orzamento de 7,4 millóns de euros e hai de prazo ata comezos de marzo para solicitar as axudas.



















Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.



