Lugo, 21 de marzo de 2022. A vicepresidenta da Deputación de Lugo, Maite Ferreiro, vén de participar no acto de inauguración da 7ª Semana das Artes Plásticas da Mariña Lucense celebrada na Sala de exposicións do Complexo Sargadelos de Cervo. Presentáronse as distintas actividades que se realizarán ao redor da figura de Quique Guerra, artista homenaxeado nesta edición, entre as que se atopan visitas guiadas á mostra que se levará a partir de abril ao Cenima de Foz dun total de once centros educativos da comarca da mariña, sufragadas pola Vicepresidencia da Deputación Provincial.
Nado en Mondoñedo e finado en Cervo no ano 2016, Quique Guerra foi un destacado artista pola súa obra escultórica e pictórica, que relaciona o natural coa historia dos obxectos. Foi quen de mesturar estas dúas disciplinas pasando do realismo á abstracción cunha coherencia de difícil encaixe, experimentando a través da verdade en todos os camiños escultóricos e pictóricos.
Despois da presentación en Cervo das distintas actividades, inaugurarase a obra do artista no Cenima de Foz, ofrecendo a oportunidade a preto de 2.000 escolares e profesores de 11 centros educativos da comarca de achegarse a este espazo para descubrir de primeira man a mostra e realizar obradoiros ao redor desta temática.
A vicepresidenta, Maite Ferreiro, expresou na presentación da sétima edición o agradecemento a entidades públicas e privadas que fan posible “esta data crucial xa no calendario anual, cun proxecto consolidado no mundo das artes e da cultura e que cada ano filtra máis á sociedade xeral, cunha aposta decidida, na que colabora a Vicepresidencia, de involucrar tamén á comunidade educativa da Mariña”.
Así, nos meses de abril e maio levarase a cabo un calendario de visitas para que o alumnado descubra a obra de Quique Guerra, como patrimonio que é xa de todas e todos o mariñáns, coñecendo a achega do seu traballo na contorna e as relacións emocionais coas sensibilidades da comarca.
Desde a área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación de Lugo financiaranse preto de 30 desprazamentos en autobús para facer posible este proxecto de democratización das artes no eido educativo. As visitas ofrecéronse a todos os centros de ensino da Mariña a través de Tá en artes, colectivo organizador da exposición do artista Quique Guerra.
Os IES Dionisio Gamallo (Ribadeo), de Alfoz (O Valadouro), Vilar Ponte (Viveiro), San Rosendo (Mondoñedo) e Marqués de Sargadelos (San Cibrao) desprazaranse ao longo dos meses de abril e maio ao Cenima de Foz para ver a mostra, así como o Centro Ocupacional de Viveiro (ASPANAE) e os CEIP de Cervo, de Nois (Foz), Santa Rita de Galdo (Viveiro), Pedro Caselles Rollán (Xove) e a EEI San Roque (Viveiro).
























Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
En concreto, o sinistro ocorreu na N-634, en Vilaframil. Neste caso, un dos vehículos implicados envorcou e o único ocupante quedou atrapado, polo que necesitou axuda dos Bombeiros de Barreiros para poder saír do coche. Cando foi liberada, a persoa recibiu os primeiros coidados dun equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 desprazado no lugar dos feitos. En relación ao outro condutor implicado no accidente, cómpre destacar que tamén era o único ocupante, resultou ileso e estaba liberado e accesible.
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.



