Xosé Luís Rivas reclamou dar unha resposta urxente a todos os propietarios e propietarias inmersos en procesos de concentración parcelaria dende hai trinta anos
Santiago de Compostela, 27 de maio, 2022. O BNG acada un acordo unánime, tras a proposta defendida polo portavoz de agricultura, Xosé Luís Rivas (Mini) pola que o Parlamento galego instará á Xunta de Galiza a que a “Consellería de Medio Rural continúe co proceso e revise a zona denominada, zona Norte de Mondoñedo que abrangue as parroquias de Coubeira, Masma e Vilamor, e que acometa, ben de oficio ou a instancias dos novos propietarios e en coordinación coa administración local, os traballos necesarios para o acondicionamento de fincas e obras pendentes”.
O parlamentario do BNG tamén reclamou actuacións urxentes nos procesos de concentración parcelaria nos que a propia portavoz do Partido popular, Elena Candia López recoñeceu “erros e irregularidades”. Mini lembrou que os propietarios están “cansos de agardar despois de trinta anos do inicio dos procesos” e moi “fartos” de recibir promesas que logo non se cumpren.
O deputado reiterou que o compromiso acadado hoxe debe materializarse no “Plan de acondicionamento” para defender “os intereses de todos os veciños e veciñas” e insistiu en que o Partido popular goberna no concello dende hai 7 anos con maioría absoluta e 13 anos na Xunta é o normal, ao seu entender, sería que ambos gobernos deran unha resposta tras moitos anos de peticións dos veciños e veciños.
Xosé Luís Rivas incidiu en que a mensaxe da iniciativa do BNG perseguía verbalizar o problema no Parlamento galego para acadar unha solución e acadar un acordo que pode ser un primeiro paso para impulsar o “Plan de acondicionamento” realizado pola técnicos da propia Xunta de Galiza no ano 2012. Ademais, tamén preguntou pola dotación orzamentaria do Plan.
Mini explicou que do ano 2004 ao 2022, van 18 anos, “sete deles con maioría absoluta do Partido popular no concello de Mondoñedo” e se foron detectados erros técnicos como afirmou a portavoz do PP, ten que haber “unha responsabilidade que debe ser depurada”. Nun proceso de concentración parcelaría que é “carísimo” esas responsabilidades, reiterou, deben ser depuradas porque de non é así, estaremos dixo, ante “unha anomalía política”.
O deputado do BNG apelou á continuación do proceso pero sen “cerralo en precario” e criticou que a administración local non axilizara a concentración parcelaria, porque, ao seu xuízo, “o goberno do concello de Mondoñedo que goberna as parroquias afectadas debeu reclamar ante o goberno galego as demandas dos veciños e veciñas durante trinta anos”.
Dende o BNG, entendemos polo mellor resultado posible, “o que corresponde por dereito”, unha “concentración parcelaria finalizada” porque os afectados e afectadas son cidadáns de primeira pero son tratados como cidadáns de terceira e puxo como exemplo un gandeiro con dúas parcelas situadas a unha distancia surcada por unha pista asfaltada cun metro e medio de desnivel dende as parcelas até o asfalto. Que pode facer este propietario? arrastrar terra até nivelar as pacelas coa pista?. Evidentemente, remarcou o nacionalista, hai situacións sobre as que nada se pode facer pero un gran número delas teñen solución e resulta “fulcral” resolvelas, concluíu.






















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



