Barreiros, 14 de maio de 2022.O Grupo Municipal do PP de Barreiros advirte do malestar dos veciños e usuarios das vías provinciais LU-P-0601 e LU-P-0609 ao seu paso polo municipio. O portavoz, José Manuel Gómez Puente, explica que “os veciños nos trasladan a súa indignación porque o nin o Concello nin a Deputación escoitan as súas queixas ante os baches que presentan estas estradas arredor do quilómetro 1 de cada un delas debido a cortes no asfalto que, ao ser tapados de novo e co paso do tempo, non están ao mesmo nivel que o resto do pavimento”.
O voceiro popular sinala que “esta situación causa danos aos vehículos -nos amortiguadores, nos discos ou nas rodas- e supón un problema para a seguridade viaria; especialmente no p.k. 1,100 da estrada LU-P-0609 que se atopa entre dúas curvas se ningún tipo de sinalización de advertencia”.
Neste caso, “xa foron os veciños da zona os que se puxeran en contacto coa Deputación Provincial para arranxara o asfalto cando detectaron o problema fai máis dun ano”; pero agora volveu aparecer o bache e a Deputación descúlpase dicindo que é cousa do Concello”.
Gómez Puente, que tamén é deputado provincial, lamenta “a falta de interese dos responsables de ambas administracións por solucionar estes problemas” e avanza que o Grupo Provincial Popular levará ao vindeiro pleno da Deputación unha iniciativa para advertir da situación e esixir a reparación destas estradas nestes puntos concretos”.
Desbroces
O portavoz municipal e deputado provincial do PP advirte de que “a herba xa invade os arcéns das vías da Deputación”, polo que urxe tamén a levar a cabo as tarefas de roza e acondicionamento das marxes das estradas. “Esta situación dificulta a visibilidade dos condutores e tamén xera un perigo para os peóns que camiñan polas marxes destas estradas”, indica.
Gómez Puente engade tamén que “é imprescindible acondicionar as marxes das estradas, tanto as municipais coma as provinciais, de cara á temporada de verán para ofrecer aos nosos visitantes as mellores condicións de seguridade posibles; ademais dunha boa imaxe do noso pobo”.






















O venres descubrirase a placa que oficializa o nomeamento da Biblioteca Municipal co seu nome, dentro da iniciativa “Miradas sobre Agustín 2026-2027”, que busca divulgar o legado do escritor e apoiar a súa candidatura ás Letras Galegas de 2028. O programa inclúe unha exposición, a lectura dun manifesto e unha conferencia. O sábado entregarase no Auditorio o IX Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola Igualdade. Rouco destacou a importancia de visibilizar a figura do autor e convidou a veciñanza a participar nos actos.
As nenas e nenos coñeceron o proceso de moenda e levaron unha mostra de fariña. García destacou a importancia de achegar a realidade do rural á infancia e agradeceu a colaboración das granxas, ANPAS e centros educativos. O Muíño de Coea é unha das novas incorporacións a un programa que este ano inclúe 210 actividades e chega a máis de 6.000 escolares de 74 centros da provincia.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.



