Durante toda a semana, os maiores do CAM da Deputación en Pol participan en actividades e xogos, degustaron un menú especial e desfrutaron de diferentes actuacións
Lugo, 2 de xuño de 2022. O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, compartiu este xoves os actos do terceiro aniversario da apertura do Centro de Atención a Maiores de Pol cos residentes, traballadores e familiares desta residencia da institución provincial. “Estou encantado de facer esta visita de novo despois de tanto tempo no que a pandemia nos impediu xuntarnos, e poder facelo ademais por un motivo tan bo, tan especial, como é a celebración do terceiro aniversario deste centro”, sinalou José Tomé, que estivo tamén acompañado polo Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, e o Alcalde do municipio, Lino Rodríguez Ónega.
Destacou o Presidente o esforzo conxunto que permitiu que este centro superara a peor parte da pandemia da mellor maneira e puxo tamén en valor o modelo asistencial da Deputación para afrontar este tipo de crises sanitarias. “Xa tiven ocasión de facelo por vídeo, pero quixen trasladarlles hoxe en persoa aos residentes as miñas felicitacións e agradecemento pola forza, tesón, paciencia e ánimo que demostraron durante toda a pandemia. Son un exemplo”, subliñou.
“Na Deputación de Lugo temos un modelo de residencias público, centrado nas persoas, que está chamando a atención fóra de Galicia”, sinalou Tomé Roca. Neste sentido, lembrou que foi o único representante dunha Deputación en España convidado polo Presidente do Goberno, Pedro Sánchez, ao acto de presentación do Proxecto Estratéxico para a Recuperación e Transformación Económica (PERTE) de Economía Social e dos Coidados, celebrado o venres pasado na Moncloa, por ser un referente na atención ás persoas maiores.
O Presidente comprometeuse a “manter e mellorar, se é posible, os coidados e a atención” que reciben os usuarios dos centros de maiores, e tamén a seguir ampliando a rede de residencias da Deputación porque, con este servizo, “estamos atendendo ás persoas e, ao mesmo tempo, creando emprego e actividade económica no rural. Polo tanto, estamos axudando a que a xente, sobre todo a mocidade e as mulleres, se quede no noso rural, e que así teña futuro”.
A Deputación de Lugo ten en funcionamento os Centros de Atención a Maiores de Trababada, Ribadeo, Pol, A Fonsagrada, Castroverde, Pedrafita do Cebreiro e Meira -os catro últimos abertos neste mandato- e ten previsto abrir este ano os de Ribas de Sil e Navia de Suarna. Ademais, a institución provincial continúa a traballar nos proxectos da Pontenova, Portomarín, Guitiriz, Becerreá, A Pobra de Brollón, Ourol, Cervantes, Folgoso do Courel e Ferreira de Pantón.
Unha semana de celebración
Durante toda esta semana, as 36 persoas que residen no Centro de Atención a Maiores de Pol están a desfrutar das diferentes actividades programadas pola Deputación para celebrar o terceiro aniversario da apertura da residencia. Esta mañá, o Presidente aproveitou a súa visita para facer entrega dunha figura de Gundivós a Antonio e Amandina, dous residentes que recibiron este agasallo en representación do grupo de usuarios e usuarias do centro. Pola tarde está previsto que os residentes participen no programa da TVG Land Rober.
O luns tivo lugar un obradoiro artesanal e de cociña para a elaboración de gofres; o martes, xogos populares e unha visita das Mulleres Rurais de Pol; onte mércores celebraron o día grande cun pregón, coreografía, misa, sesión vermú, xantar con menú especial, concurso e cata de tartas, unha merenda amenizada pola asociación cultural Leña Verde e un baile con música de DJ Cristian. O programa de actividades remata mañá coa actividade Os Cinco Sentidos e un bingo.





















Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
En concreto, o sinistro ocorreu na N-634, en Vilaframil. Neste caso, un dos vehículos implicados envorcou e o único ocupante quedou atrapado, polo que necesitou axuda dos Bombeiros de Barreiros para poder saír do coche. Cando foi liberada, a persoa recibiu os primeiros coidados dun equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 desprazado no lugar dos feitos. En relación ao outro condutor implicado no accidente, cómpre destacar que tamén era o único ocupante, resultou ileso e estaba liberado e accesible.
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.



