A Xunta de Goberno aprobou aceptar o investimento concedido pola entidade pública empresarial Red.es, dependente do Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital, para desenvolver o proxecto Acelera PEMES, que fortalecerá o tecido empresarial da provincia, sobre todo do rural
Lugo, 22 de xullo de 2022. A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou este venres aceptar un investimento de medio millón de euros que conseguiu captar de fondos europeos para desenvolver o proxecto Acelera PEMES, unha iniciativa destinada a fortalecer o tecido empresarial da provincia, sobre todo do rural. Así o informou a voceira socialista do Goberno, Pilar García Porto, que explicou que grazas a este investimento, a Deputación ofrecerá apoio e asesoramento gratuítos ás pequenas e medianas empresas en materia de transformación dixital.
García Porto anunciou que o pasado luns a entidade pública empresarial Red.es, dependente do Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital, comunicou a súa decisión de conceder á Deputación de Lugo a totalidade dos fondos que lle solicitara no mes de febreiro para sacar adiante este proxecto. Unha axuda que ascende a 400.000€ e que a Deputación de Lugo complementará con outros 100.000€ para poder desenvolver este programa.
“Trátase dunha noticia moi importante, porque con este orzamento poderemos crear e ter en funcionamento durante dous anos unha oficina provincial con 7 traballadores e traballadoras para ofrecer asesoramento e soporte en materia de transformación dixital ás pequenas e medianas empresas dos concellos da provincia de menos de 20.000 habitantes”, sinalou a Deputada, quen lembrou que son todos, menos a capital.
Asegurou Pilar García Porto que o asesoramento ás PEMES “será totalmente gratuíto para as empresas, e será personalizado, é dicir, adaptarase ás características e necesidades de cada negocio para que, desta forma, lles sexa realmente útil”.
Este proxecto contempla unha oficina de asesoramento que terá unha sede física nas dependencias da Deputación; unha sede virtual e, a maiores, terá presenza en todo o territorio da provincia a través dunha rede de cinco oficinas móbiles: na Mariña, na Chaira, na zona centro, na Montaña e na Zona Sur para ofrecer unha atención próxima e eficaz.
“O obxectivo é axudar ao tecido empresarial a aproveitar os recursos que ofrece a dixitalización e as novas tecnoloxías para modernizar e para mellorar o seu negocio, de maneira que gañen en competitividade, en produtividade, en eficiencia, para que abran novas oportunidades de negocio e, incluso, para que poidan estar mellor preparadas ante situacións adversas, como foi a crise da Covid”, recalcou a voceira socialista do Goberno.
Cooperación cos concellos e co tecido produtivo
Pilar García Porto explicou que o programa se desenvolverá en 3 fases: a primeira será de difusión do proxecto, para chegar ao máximo número posible de empresas; outra para implantar a rede de aceleradoras; e unha terceira fase para xestionar o servizo.
A Deputación de Lugo, sinalou a Deputada, traballará, “como facemos sempre”, da man dos concellos e do tecido produtivo. A coordinación dependerá da área provincial de Promoción Económica e Social, integrando na iniciativa ás asociacións de empresarios, comerciantes e outras entidades que traballan para o desenvolvemento da provincia, como a USC.
García Porto destacou que co proxecto Acelera PEMES “daremos continuidade a un apoio que xa estamos dando a través do programa Reiníciate: Dixitaliza a túa empresa, que ten tamén o obxectivo de axudar de maneira gratuíta aos autónomos e ás PEMES da provincia a mellorar o seu negocio a través da dixitalización, e que está funcionando moi ben”.

















A edición deste ano incorpora un novo formato organizativo: as sesións vermú ampliaranse a tres horas na Praza da Constitución e todas as verbenas trasladaranse ao Campo da Feira para mellorar a loxística e facilitar a montaxe dos espectáculos, especialmente nun ano con formacións de gran formato. O programa musical combina orquestras, grupos e DJs para públicos de todas as idades, con citas destacadas como Panorama City, Paris de Noia, Los Satélites, Costa Dorada ou a xira campestre con diferentes propostas ao longo de varios días. Desde o Concello subliñan que as festas son un espazo de encontro para a veciñanza e para quen regresa a Vilalba nestas datas, e que o obxectivo é ofrecer unha programación equilibrada e pensada para que cada persoa atope o seu lugar nunhas patronais que forman parte esencial da identidade da vila.
A artista manchega, coñecida pola súa mestura de raíz tradicional e sonoridades actuais, ofrecerá un directo íntimo e cheo de forza o sábado 20 de xuño ás 22:30 horas. Será unha noite para gozar da música con calma, entre amigos, nun ambiente próximo e acolledor, onde as cancións se comparten case como se fose unha conversa arredor dunha mesa. As entradas xa están dispoñibles en woutick!, polo que se recoméndase adquirilas con antelación para non quedar sen sitio nesta cita única.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada, entre 12 e 19 horas, realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.



