Lugo, 17 de xullo de 2022. A Peña Ciclista Lar de Viveiro sinalizou o trazado da Viveiro Bike Xtreme coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación de Lugo. A área de Deportes financiou a instalación de paneis informativos e marcas de continuidade no percorrido desta proba de montaña que o club ciclista ven organizando anualmente e que transcorre por algúns dos puntos máis elevados do municipio como o Alto da Silvarosa, Monte Castelo ou Penedo do Galo.
Ademais da sinalización do itinerario completo, de 60 quilómetros e 2.500 metros de desnivel positivo, creáronse indicativos para delimitar tres rutas con distintos niveis de dificultade, ofrecendo varias alternativas para desfrutar deste entorno.
Así, creouse unha ruta de 15 quilómetros e 713 metros de desnivel positivo no tramo da Silvarosa, outra de 17 quilómetros e 793 metros de desnivel positivo no tramo de Monte Castelo, e outra de 27 quilómetros e 943 metros de desnivel positivo no tramo de Penedo do Galo. Os trazados están dispoñibles en webs e aplicacións de rutas ao aire libre xeoreferenciadas como Wikiloc, que conta con máis de 7 millóns de usuarios.
A sinalización permanente destas rutas pretende situar Viveiro como un punto de referencia para afeccionados e afeccionadas ao ciclismo de montaña durante todo o ano, e contribúe tamén a potenciar e facilitar a práctica de actividades de ocio e saudables ao aire libre.
O deputado de Deportes Efrén Castro subliñou o interese “desta actuación proposta pola Peña Ciclista Lar para poñer en valor as condicións naturais que ofrece Viveiro para o ciclismo e aproveitar en beneficio do municipio a auxe que están experimentando os deportes na natureza” e valorou “este tipo de iniciativas como unha mostra da importancia que as asociacións e os clubs deportivos, cos que desde a Vicepresidencia da Deputación mantemos distintas liñas de colaboración, teñen na dinamización social e económica dos municipios e comarcas”.
Viveiro Bike Xtreme, o 16 de outubro
Peña Ciclista Lar de Viveiro organizou este sábado unha quedada para estrear esta nova sinalización na que participaron unha trintena de afeccionados e afeccionadas e na que se confirmou o 16 de outubro como data de celebración da vindeira edición da Viveiro Bike Xtreme





















A partir das 19:45 horas abrirán a xornada o Cuarteto Illa Pancha e Tradigalu, mentres que desde as 20:00 horas se poderán degustar hamburguesas á parrilla, bocadillos de panceta e chourizos asados. Xa pola noite, ás 21:30, tomarán o relevo Mi Rollo es el Rock, antes da tradicional fogueira de San Xoán, prevista para as 00:00 horas. A celebración, organizada por A Rebolaxe coa colaboración do Concello de Cervo e a Deputación de Lugo, inclúe tamén o sorteo dunha paleta de cocho e contará con aparcamento habilitado no Estanco da Praia do Torno.
A Garda Civil de Burela tomou declaración este 10 de xuño a unha representante do departamento en liña de Porcelana de Sargadelos, que denunciou unha estafa na que se emprega a imaxe da empresa para enganar clientes. Segundo explicou, desde finais de abril están a aparecer páxinas web falsas con descontos do 80% e perfís fraudulentos en redes sociais como Instagram, TikTok e Facebook, a través dos que varios usuarios xa foron estafados. A compañía presentou denuncias contra distintos dominios e contas, das que só unha continúa activa, e achegou tamén os rexistros da marca e as comunicacións realizadas ante Meta. A denuncia foi formalizada no cuartel da Garda Civil de Burela, onde quedou incorporada ás dilixencias abertas polo corpo.
O deputado galego Francisco Millán Mon explicoulles o día a día da súa actividade nesta cámara e a importancia da Unión Europea para Galicia e viceversa. Desde a dirección do centro agradecen “a súa exposición e o trato dispensado ao alumnado e profesorado desprazado a Bruxelas”. Neste 2026 cúmprense 40 anos da adhesión de España á Comunidade Económica Europea, así se denominaba naquel momento. O IES de Ribadeo é Escola Mentora do Programa Escolas Embaixadoras do Parlamento Europeo.
Foi unha xornada máxica na que a música e a convivencia se deron a man nunha contorna única. Os instrumentos de corda encheron de melodías os xardíns do centro, creando unha atmosfera especial que emocionou ao público asistente e puxo en valor o talento e a ilusión da mocidade. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, non quixo perderse esta cita tan especial e desfrutou da tarde xunto ás persoas usuarias, e o persoal do centro. Durante o encontro, agradeceu o convite e felicitou á organización por promover actividades que fomentan a cultura, a inclusión e os espazos de encontro entre a veciñanza.
A mostra, aberta na sala de exposicións do Auditorio Municipal de luns a venres entre as 18:00 e as 22:00 horas, reúne preto de 30 obras de artistas emerxentes e consolidados, ofrecendo diversas miradas sobre a paisaxe, a identidade, a memoria e a realidade contemporánea. A alcaldesa, Marta Rouco, destacou o valor de que Vilalba forme parte desta programación compartida e o impacto positivo que supón para a actividade cultural local.
No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A saída será ás 10:00 desde El Bao, con autobuses ás 9:00 desde Navia, e a chegada arredor das 16:30 seguida dunha festa na dársena. As inscricións estarán abertas do 31 de maio ao 12 de xuño na Casa do Deporte ou en liña por 7 €. O Concello anima a participar nesta cita que combina natureza, deporte e convivencia.



