Que hoxe é 25 de xullo? Vale. E que, é festivo, non? Pois iso!
En certa zona de Galicia é abondo común ‘aproveitar’ o 25 de xullo para ir mercar a Asturias. Si, eu tamén o teño feito algún ano. E coido que pode dar moito xogo iso de que unha comunidade teña actividade comercial mentres a veciña non. Moito xogo comercial e tamén persoal. Aí está o mercado dos domingos en Ribadeo, atraínte para unha ampla zona, tamén en parte ó leste da ría de Ribadeo.
Pero é 25 de xullo. O día festivo en Galicia no que se celebra San Xacobe (a pesar que segundo o santoral corresponde este a 23 de xuño), San Tiago, Sant Iago, Santiago… o día que se celebra como día de Galicia, como día Nacional de Galiza ou como día da Patria Galega. Cada celebración, coincidindo no tempo cas outras, indica algo diferente. Mesmo se poden celebrar dúas festas nunha; poñamos, Santiago e o día da Patria Galega.
Coido que está claro que o aglutinador de comezo é un santo, normalmente coñecido por Santiago, e que, a falta de que Prisciliano fale, tería vido ao finis terrae nunha barca de pedra ou semellante. Ese santo pode ter recibido diferente denominacións, pero é aceptado que é ‘igual a si mesmo’ sexa cal sexa a que usemos.
Outra cousa diferente é celebrar o día de Galicia ou o día da Patria (enténdese que galega), entre outras denominacións que se lle dan ó 25 de xullo e que se poden consultar na Galipedia, se non se está posto no tema. A enciclopedia en liña descríbeo como a ‘festa oficial do país galego’ citando ó DOG, que o 1 de xaneiro de 1979 levaba como contido o “DECRETO POLO QUE SE DECLARA DIA NACIONAL DE GALICIA O DIA 25 DE XULLO DE CADA ANO.” Decreto, por certo, que non está dispoñible de xeito directo nas páxinas do DOG en liña e leva ao menos cinco anos así, segundo o recollido da historia de internet por por Internet Archive, e a pesares de que o que fai o decreto é tentar recoller de xeito oficial a idea de algo que xa se estaba a celebrar tempo atrás. Un decreto sinxelo cun único enunciado de declaración que coincide co título do artigo. E decreto tamén contestado / incumprido de xeito interno (‘e discreto’) pola Xunta de Galicia, que ten unha páxina, http://www.25dexullo.gal/gl/ na que se le ‘25 DE XULLO DÍA DE GALICIA’. Unha web que parece ter sido creada hai dez anos e abandoada, pero non eliminada, dende hai oito.
Ou sexa, de día ‘Nacional de Galicia’, que implica unha estrutura determinada baseada nunha “Comunidade humana, instalada nun territorio definido, que pode estar ou non politicamente organizada como estado, e que se caracteriza por ter unhas tradicións históricas e culturais comúns, os mesmos intereses económicos e unha unidade lingüística ou relixiosa”, segundo a RAG e a oficialidade actual, pódese pasar á noción de día ‘de Galicia’, como adicado a unha entidade chamada Galicia, cunha idea superada xa pola cantiga ‘Un canto a Galicia’ de alguén tan pouco sospeitoso como Julio Iglesias, hai xa cincuenta anos. E o de ‘Patria Galega’? Pois, de novo segundo a RAG, sería o día adicado á ‘nación á que se pertence ou á que se ten o sentimento de pertencer’.
Poderíamos seguir. Pero coido que o diferente sentido de facer festa por unha cousa ou outra non é unha diferenza de pouca importancia, se celebre como se celebre.
Que pasedes un bo día nacional de Galicia!





















Xunto a este grupo de alumnos e profesores estiveron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Seguridade, Montse Seijo.
A edición incorpora como novidade a primeira inmersión da imaxe da Virxe no porto, prevista para o 11 de xullo. O Día do Carmen, o 16, manterá os actos máis emblemáticos, como a Misa Solemne, a Procesión Mariñeira e a descarga pirotécnica. O programa inclúe verbenas, concertos, actividades infantís, o Día do Bollo e o desfile de Cabezudos. O Concello e SofiTapia animan á participación nunhas festas que volverán converter a vila nun punto de encontro. Os actos no Auditorio Municipal serán de entrada libre ata completar aforo.
Durante a súa estancia na capital, tiveron a oportunidade de coñecer o Senado, onde foron recibidos, entre outros representantes, polo senador lucense José Manuel Balseiro, veciño de San Cibrao e pola deputada no Congreso, Cristina Abades, que traballou durante anos na Casa do Concello. Balseiro deulles a benvida á Cámara e acompañounos nun percorrido polas súas principais dependencias, explicándolles o funcionamento da institución e o labor que desenvolven os senadores. O parlamentario agradeceu á asociación Terra-Mar a organización desta iniciativa, que contribúe a achegar as institucións aos cidadáns e a fortalecer os vínculos entre a Mariña e a representación que exerce a provincia de Lugo no Senado.
Ademais, a medida responde a razóns de seguridade e operatividade, xa que a presenza de público nestas xornadas impide que os camións de recollida poidan acceder e circular con garantías por esta zona. Durante eses cinco días, os contedores permanecerán instalados nos seus emprazamentos habituais para que a veciñanza e os visitantes poidan depositar neles os residuos. Ademais, o servizo de limpeza reforzará as tarefas nos puntos vinculados á celebración do festival. O Concello solicita a colaboración da cidadanía para manter os espazos públicos nas mellores condicións posibles.
"Este éxito é froito do teu esforzo, dedicación e constancia, e é un orgullo para todo o noso concello. Desexámosche moitos máis éxitos deportivos e que sigas representando a Cervo e ao Club Deportivo San Ciprián con tanta ilusión e talento", salientan desde o consistorio.
A mostra reúne imaxes tomadas en Galicia, Cataluña, Aragón, Andalucía, Senegal e Escocia, ofrecendo un percorrido pola biodiversidade e polos vínculos entre distintos ecosistemas. O fotógrafo, naturalista especializado en ornitoloxía, invita a contemplar a natureza cunha mirada pausada e consciente a través de 50 especies de fauna. Permanecerá aberta ata o 29 de xullo.
Con este xesto simbólico, expresou a súa solidariedade co pobo venezolano, trasladando o seu apoio ás familias das persoas falecidas, feridas e afectadas por unha traxedia que continúa deixando un elevado número de vítimas e miles de damnificados.



