Por primeira vez haberá un pregoeiro, que será o escritor Ramón Pernas
Viveiro, 28 de xullo de 2022. O Concello de Viveiro presentou a programación completa das súas Festas Patronais 2022, que durante tres semanas no mes de agosto ofrecerán actividades culturais de todos os estilos e para todas as idades.
“Despois de dous veráns de limitacións pola pandemia, recuperamos o pulso habitual das festas, que ademais da programación serán un lugar de encontro para os veciños de Viveiro, os familiares que viven fóra o resto do ano e os turistas que chegan á nosa vila”, asegura a alcaldesa, María Loureiro.
Por primeira vez, haberá un acto de pregón a cargo do escritor Ramón Pernas, natural de Viveiro. Será o día 14 de agosto ás 13:00 horas desde o balcón da Biblioteca Municipal. Actuará alí a Banda Municipal o Landro interpretando o himno ‘Catro Vellos Mariñeiros’.
Ramón Pernas é un fixo nas festas patronais de Viveiro e leva o nome da nosa vila con orgullo por toda España, incluso nas súas novelas. Habitual polas rúas da concello, amosará no seu pregón o que representa para el Viveiro.
A concelleira de Cultura, Lara Fernández Fernández-Noriega, destaca “o noso interese en continuar cos eventos inclusivos, como os concertos de Serafín Zubiri e Xabier Díaz, nos que haberá linguaxe de signos e mochilas vibratorias, ademais dunha actividade familiar como é o concerto ‘Chungo Pastel’ a cargo da Fundación Igualarte, composta por persoas con diversidade funcional”.
“Será unha programación ecléctica, apostando tamén pola cultura feita en Viveiro e recuperando a tradicional sardiñada, a proxección ’60 minutos en positivo’ ou os cabezudos pola rúa”, engade Fernández-Noriega.
Unha das citas máis importantes será o concerto de Mikel Erentxun o día 15 de agosto, ademais do concurso de karaoke o día 8 ou o festival de corais o 14. Dentro das exposicións previstas, destaca ‘Espazos Alternativos’ coa asociación Os Negativos, con fotografías que se instalarán nos balcóns da vila.
A programación inclúe tamén actividades deportivas, actos litúrxcos, pasarrúas, e as feiras do libro e de artesanía. O 19 de agosto, os xardíns Noriega Varela acollerán o Día da Cativada, con actividades para os nenos e nenas.























Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
Ocorreu pasadas as 15:30 horas. Un traballador tivo que ser evacuado ao hospital logo de caerlle o tronco dunha árbore enriba mentres realizaba tarefas no monte en Cervo. Aínda que estaba liberado e consciente, precisaba asistencia sanitaria. Os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 trasladárono finalmente ao Hospital de Burela. Neste operativo tamén participaron a Garda Civil e a Policía Local de Cervo.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



