Ribadeo, 17 de agosto, 2022. Dado que o Concello de Ribadeo está publicando notas con información sesgada sobre o asunto do Faro e da Illa Pancha vémonos na obriga de clarexar algúns puntos para dar unha información veraz á opinión pública.
1. O Concello de Ribadeo apoiou dende o primeiro momento a proxecto de privatización da Illa Pancha promovido pola Autoridade Portuaria, non só porque o alcalde o considerase «un premio para Ribadeo» (El País, 24 de abril de 2015). Hai outros exemplos, como unha carta á Autoridade Portuaria (08/06/2017, web do Concello) onde o alcalde escribe «Que quede claro, e digo outra vez máis, que nunca dixemos que alí non podía existir un hotel, que non podía existir unha cafetería ou que non podía existir unha tenda de roupa».
2. O Concello escribiu á Autoridade Portuaria hai dous meses informando sobre algo que todo o mundo sabía : que a porta da illa estaba pechada. Pero hai 7 anos que isto é así. Lembremos que en 2017 Fernando Suárez autoriza a reapertura do hotel tras as deficiencias técnicas observadas, e solventadas, segundo os técnicos. Nesta ocasión Fernando Suárez informa de que o promotor remataba de presentar unha terceira declaración responsable ademáis de garantir o «acceso público á mesma Illa Pancha». Como sabemos o acceso público nunca foi respectado polo concesionario nin esixido polo Concello. Catro anos despois, o concesionario, coa apertura da cafetería decidiu abrir a illa en función de horarios ditados polo seu propio interese comercial, sen que iso supuxese o máis mínimo problema para o Concello de Ribadeo. Coa recente resolución da Autoridade Portuaria de abrir a illa ao público, o Concello acata -porque llo mandan expresamente- unha das condicións de apertura do hotel. Cinco anos despois da reapertura.
3. O Defensor del Pueblo informou á Autoridade Portuaria e ao Concello o día 16 de febreiro de 2016 de que o proxecto era ilegal porque lle faltaba o Estudo de Impacto Ambiental que esixe a lexislación vixente española e europea en zonas afectadas pola Rede Natura 2000. O Sr. Alcalde púxose de costas e consultou a súa opinión á Autoridade Portuaria que respondeu con evasivas e sen ningún argumento xurídico. O Defensor emitiu cinco informes máis (ata o 18 de outubro) ratificándose no seu informe inicial. A Autoridade Portuaria acabou recoñecendo que era preceptivo o Estudo de Impacto Ambiental pero non o realizou. O Concello seguiu poñéndose de costas e aínda aprobou o proxecto de cafetería o día 18 de maio de 2021, sen este estudo obrigatorio por lei.
Polo tanto o Sr. Alcalde non informa da realidade cando afirma que se seguiron os trámites legais. O que se seguiu foron as instrucións da Autoridade Portuaria pero non a lexislación vixente. Aínda máis, no pleno do 23 de marzo de 2017, ao que asistimos como colectivo, o Sr. alcalde declarou que o Defensor del Pueblo podía ser un incompetente. Folgan comentarios.
4. O Concello segue defendendo o dereito da Autoridade Portuaria a regular as entradas e saídas e a concesionar un edificio do que non fai uso dende 1981, e ese é un asunto no que imos incidir, porque non hai ningunha norma legal que ampare o devandito dereito. Véxase o artigo “Los Faros españoles: evolución legislativa y régimen de utilización” (Angel Menéndez Rexach. Profesor emérito Universidad Autónoma de Madrid. 2021).
A AVV “Por Nuestro Faro” seguirá defendendo os intereses dos veciños de Ribadeo e dos visitantes a facer un uso totalmente libre da Illa Pancha porque é un dereito democrático e legal como temos demostrado en infinidade de ocasións. Sen ir mais lonxe a illa do faro de Tapia está totalmente aberta ao público sen ningún tipo de limitacións. Que nos expliquen por que alá si e aquí non, e deixen de xogar con radiais e querellas.






















Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
En concreto, o sinistro ocorreu na N-634, en Vilaframil. Neste caso, un dos vehículos implicados envorcou e o único ocupante quedou atrapado, polo que necesitou axuda dos Bombeiros de Barreiros para poder saír do coche. Cando foi liberada, a persoa recibiu os primeiros coidados dun equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 desprazado no lugar dos feitos. En relación ao outro condutor implicado no accidente, cómpre destacar que tamén era o único ocupante, resultou ileso e estaba liberado e accesible.
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.



