Ribadeo, 18 de agosto de 2022. Ata o 4 de setembro pódese visitar na rúa San Roque, de Ribadeo, a exposición Os nosos océanos, de Afundación. A mostra foi inaugurada este mediodía. Ao acto asistiron as concelleiras de Cultura e Servizos Sociais, Pilar Otero e Mónica Freire, xunto ao alcalde en funcións, Pablo Vizoso, así como a responsable de Relacións Institucionais en Ourense e Lugo de Afundación, Obra Social de Abanca, Beatriz Fernández, e representantes da entidade bancaria en Ribadeo e na Mariña.
O rexedor declarou: “estamos moi agradecidos á obra social de Abanca por traer esta exposición fotográfica de carácter itinerante, que vai estar dispoñible ata o 4 de setembro para o disfrute de todos os ribadenses e de todas as persoas que teñan a ben visitarnos. É unha mostra que trata sobre a riqueza mariña, sobre a conservación dos nosos mares e océanos e que mostra moi ben a enorme biodiversidade e riqueza como fonte de vida que ten o medio mariño para toda a humanidade e para todo o planeta”.
Pablo Vizoso subliñou que “esta é a primeira vez que se sitúa unha exposición deste tipo na rúa San Roque e é interesante darse unha volta por esta zona para todos os de Ribadeo e os de fóra porque, aparte de poder pasear por este entorno, é recomendable facer unha parada para informarse e disfrutar desta mostra”.
Desde Afundación Beatriz Fernández indicou que “unha das liñas estratéxicas de Afundación é esta: a sustentabilidade e o coidado do medio ambiente. E neste sentido facemos este tipo de exposicións ao longo de Galicia, que sacamos por todas as vilas para que a xente poida velas e non se meta a arte simplemente nun espazo pechado senón que se poida abrir a toda a cidadanía”.
E engadiu: “dar as grazas ao Concello porque sen eles non conseguiríamos levar este tipo de exposicións. E, por suposto, a Abanca porque é o noso socio estratéxico e pon tamén en valor as mesmas liñas que temos en Afundación”.
Pola súa banda, a concelleira de Cultura manifestou: “desde o Concello estamos moi agradecidos de que Afundación contara con nós e nos trouxera esta exposición tan bonita que pode ver todo o mundo. É marabilloso que se poida achegar a cultura á rúa e que poidamos apreciala todos. Invitamos a todos os que veñan a Ribadeo e todos e todas as ribadenses a que acudan á rúa de San Roque para disfrutar destas marabillosas fotografías e as súas explicacións”.
























Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
En concreto, o sinistro ocorreu na N-634, en Vilaframil. Neste caso, un dos vehículos implicados envorcou e o único ocupante quedou atrapado, polo que necesitou axuda dos Bombeiros de Barreiros para poder saír do coche. Cando foi liberada, a persoa recibiu os primeiros coidados dun equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 desprazado no lugar dos feitos. En relación ao outro condutor implicado no accidente, cómpre destacar que tamén era o único ocupante, resultou ileso e estaba liberado e accesible.
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.



