Contarase con distintas disciplinas asociadas como parkour e Djs de música electrónica, reggae e house

Barreiros, 26 de agosto de 2022. O Concello de Barreiros organiza unha xornada para dar a coñecer a cultura urbana aberta á mocidade e a poboación en xeral. Esta cita, novidosa en Barreiros, terá lugar na Praza do Souto, en San Miguel de Reinante, o vindeiro venres día 2 de setembro.
Ás 17 h. dará comezo o obradoiro de Parkour que contará con cubos de distintas alturas, traveseiros unindo os mesmos, pirámides, barras e diferentes obxectos para conformar un parque de Parkour totalmente estable, antiesvaramentos e con cantos redondeados para unha maior seguridade. A mocidade que desexe iniciarse nesta disciplina ou simplemente sinta curiosidade pola mesma, estará acompañada coa música do Dj Ze Pequeno, especialista nos ritmos máis globais mesturados coa electrónica.
Xa ás 20 horas, ao rematar o taller de parkour, seguirá a festa con Mr. Fishman, Dj Lucense, con ampla traxectoria a nivel nacional e internacional e que realizará unha sesión freestyle de música negra. De seguido actuará Soulmacklein, compoñente do reputado grupo de rap Delahoja, que fará un directo do seu proxecto de música reggae acompañado pola súa banda.
O broche final a esta festa da cultura urbana correrá a cargo dun dos máximos expoñentes da música House en Galicia, Kiko Ron (promotor do festival de Foz Tentacle), que fará unha sesión 100% en vinilo.






















Os concertos serán os xoves ás 20:30 h e incluirán propostas variadas como The Swinging Flamingos, Terrae & Nastasia Zürcher, César de Centi, Silvia Penide, Bela Clarlo, Disquetera e unha sesión especial de DJ Mr. Fishman o 11 de agosto. O Concello destaca que esta iniciativa busca dinamizar os espazos públicos, ampliar a oferta cultural do verán e converter a alameda nun punto de encontro para veciñanza e visitantes.
Renova o seu compromiso co club despois de facerse cargo do equipo a mediados da campaña pasada. O técnico pontenovés afrontará este novo ciclo con traballo, compromiso e ilusión para seguir liderando a nave celeste.
O evento, organizado por O Arco da Vella coa colaboración do Concello de Barreiros e o CEIP San Miguel, contará coa participación dos grupos ACF Gamelas e Anduriñas de Espasante e O Arco da Vella de San Miguel de Reinante. Antes do festival haberá un pasarrúas con saída desde a Praza do Souto.
A actividade puxo o broche final ao Programa Integral de Envellecemento Activo Municipal cunha charla sobre a xestión emocional das enfermidades neurodexenerativas, impartida pola psicóloga Carmen Breijo, da Fundación Degén, quen ofreceu un espazo de reflexión, aprendizaxe e orientación. A sesión contou tamén coa presenza do concelleiro Alfredo Fernández, que destacou a importancia de crear espazos de participación, coidado e benestar para as persoas maiores. O Concello agradeceu a colaboración da Asociación de Xubilados Terramar e da Fundación Degén, así como a participación de todas as persoas asistentes.
No acto acompañará ao autor o filólogo e escritor Ramón Reimunde.
Trátase dun proxecto educativo pioneiro en Galicia que traballa a autoestima, a motivación e as intelixencias múltiples. A directora, Raquel Hermida, salienta que o programa busca fomentar o talento infantil a través de experiencias novas, traballo en equipo, creatividade e proxectos de emprendemento. A escola funcionará de 8:00 a 15:00 horas para facilitar a conciliación e ofrecerá talleres de oratoria, comunicación e intelixencia emocional, ademais de reforzo escolar, novas tecnoloxías e mecanografía. As persoas interesadas poden obter máis información no teléfono 982 58 50 98 ou no correo raquel@amarina.org.
O alumnado de 2º curso das familias profesionais de Instalacións e Mantemento, Imaxe Persoal e Administración e Xestión remataron o curso e a súa formación en centros de traballo co que xa conseguiron a súa titulación como técnicos de grao medio ou grao superior para incorporarse ao mercado laboral. Desde o IES Perdouro, destácase o alto grao de empregabilidade destas ensinanzas e a importancia que para o ámbito laboral ten a incorporación destes profesionais, ao mesmo que lles trasladamos os parabéns pola súa recente titulación.



